Tras o importante proceso de transformación da cidade iniciado en 1999, Pontevedra é hoxe todo un referente internacional en mobilidade responsable, deseño urbano e xestión sustentable. Pensado para as persoas, o modelo de cidade recuperou o espazo público como lugar de encontro e de convivencia; acougou o tráfico a motor; reduciu drasticamente a contaminación aérea, sonora e das augas; fomentou a mobilidade non contaminante e saudable; eliminou as barreiras físicas para cadeiras de rodas e carros infantís... Estas son algunhas das claves que fixeron que o modelo de cidade sexa tan admirado e que recibise tantos recoñecementos e distincións. Aquí podes ver algúns dos premios que sitúan Pontevedra no mundo e tómana como exemplo de cidade contemporánea.
Movilidade intelixente
Hong-Kong, 2015
Premio Eurochina á mobilidade urbana intelixente, outorgado pola asociación francesa Prospective et Innovation, para distinguir ás iniciativas urbanas de mobilidade intelixente. Pontevedra foi premiada na categoría de Deseño urbano / planificación Urbana, dedicada a experiencias de novas cidades, eco-distritos e zonas de baixas emisións contaminantes.
New York, 2015
Un instituto relacionado coa Fundación Bloomberg Philantropies, dedicado a fomentar o deseño urbano saudable: loitar contra o sedentarismo e conseguir espazos integrais máis saudables e sustentables, que toma como exemplo a Pontevedra para a xestión sustentable das cidades.
Nairobi-Dubai, 2014
Premio a un modelo urbano transferible, pensado para as persoas. Houbo 4.500 candidaturas recibidas de 195 países, das que 406 chegaron á primeira selección en Nairobi. A Dubai chegaron 50, das que escolleron seis como mellores prácticas en todo o mundo para mellorar a calidade de vida das persoas.
Bruselas, 2013
Á intermodalidade con base peonil. Recoñecer que camiñar é tamén un medio de transporte foi o mérito que viu este instituto que colabora coa UE en materia de transporte intermodal. Tras comprobar que ninguén daba demasiada importancia a desprazarse a pé, viron que nosa ciudade era un exemplo interesante.
Torres Vedras, 2015
Premio deste grupo de cidades e provincias da península ibérica que promoven a mobilidade a pé, e que outorgaron este premio polos grandes avances que Pontevedra presenta neste ámbito.
Córdoba, 2011
O encontro Cidades pola seguridade viaria, celebrado en Córdoba en febreiro de 2011, baixo os auspicios da Dirección Xeral de Tráfico e as entidades de tráfico de Catalunya e Euskadi, ademais da Federación Española de Municipios e Provincias, outorgou o premio do encontro a Pontevedra pola mobilidade sustentable e o descenso da violencia viaria, xa que foi a mellor actuación urbana en materia de seguridade viaria.
Madrid, 2010
Unha organización que vela pola seguridade viaria e da que forman parte desde entidades aseguradoras e académicas ata organismos do estado e a seguridade viaria. As baixas cifras de sinistralidade rexistradas en Pontevedra fixéronna merecedora desta distinción.
Santiago de Compostela, 2008
Instituidos pola Xunta de Galicia, outorgaron o seu primeiro galardón á experiencia pontevedresa de reforma urbana, especialmente referida á revitalización do centro histórico e á súa restauración integral, nun modelo de cidade activo e de futuro.
Madrid, 2007
O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade agrupa a todas as entidades territoriais do Estado relacionadas con todas aquelas dificultades de accesibilidade. O premio a Pontevedra foi polo enorme esforzo realizado no espazo público.
O Porriño, 2006
O primeiro recoñecemento que se outorgou á cidade veu da Asociación de graniteiros de Galicia, que se fixaron na reforma urbana pontevedresa pola maxistral utilización do granito para a restauración e a revitalización do espazo público.
© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados