A situación da cidade de Pontevedra, situado ó noroeste de España, ofrece a posibilidade ós seus visitantes de empregar diversos métodos de transporte para chegar a este destino, dende o avión, ata o tren ou o bus, e incluso no teu vehículo propio se prefires coller as rendas da túa viaxe.
En avión
A Pontevedra pódese chegar doadamente en avión a través de tres aeroportos galegos e incluso dende o aeroporto de Oporto.
O aeroporto que está máis preto da cidade é o de Peinador en Vigo, a escasos 30 km e outra boa opción é o Rosalia de Castro en Santiago a 74km.
Se chegas ó aeroporto de Vigo, este conta cunha liña de bus que te levará ó centro de Vigo (liña 9A de Vitrasa). A Pontevedra existe dende Vigo conexión frecuente tanto en autobús coma en tren. Se queres chegar a Pontevedra en tren, Vigo dispón de dúas estacións: Urzaiz e Guixar. A duración aproximada da viaxe a Pontevedra, dependendo do tipo de tren, é de 20minutos.
Se aterras no aeroporto de Santiago poderás chegar á estación de autobuses de Santiago coa empresa Monbus e co autobús da liña 6 Aeroporto-Los Tilos, esta mesma liña ten parada preto da estación de tren.
Autobús Aeroporto de Vigo: www.vitrasa.es
Tren Vigo – Pontevedra: www.renfe.com
Autobús Vigo – Pontevedra: www.monbus.es
Tren Santiago – Pontevedra: www.renfe.com
Autobús Santiago – Pontevedra: www.monbus.es

En tren ou atobús
En Pontevedra as estacións de tren e autobús, inda que en edificios independentes, atópanse dentro dun mesmo espazo urbano e conectadas peonilmente o que favorece e facilita as conexións e comunicacións. Ademais están a 10-12 m do centro urbano da cidade.
Dende a estación de autobuses existen 2 liñas de autobús que conectan algúns barrios da cidade.
Estación de Autobuses de Pontevedra
Rúa da Estación s/n 36002, Pontevedra
986 852 408 | info@autobusespontevedra.com