As mellores praias das Rías Baixas están a menos de 30 km. Hainas para todos os gustos: pequenas calas, extensas áreas de area, praias naturais, praias máis urbanas, praias accesibles, praias nudistas e por suposto praias que teñen a distintiva Bandeira Azul. No municipio existe a posibilidade de gozar tamén de praias de auga doce. En Pontevedra, a praia fluvial do río Lérez e en Ponte Sampaio a do río Verdugo.
Praia de Mogor
Se te hospedas na cidade, terás a oportunidade de gozar dunha das moitas praias que se atopan ao longo da ría, tanto na cara norte como na cara sur. A só 5 km están as praias de Poio e a 8 km as de Marín . Se non tes o teu propio vehículo dende a estación de autobuses de Pontevedra, podes escoller entre dúas liñas con saídas cada 30 minutos (aprox.) Que circulan polas dúas beiras da Ría con paradas nas zonas de area máis importantes.
A un paso da cidade
A só 5 km están as praias de Poio, entre as que destacan as de Lourido, Campelo, Chancelas, Covelo e Laño. Despois, no concello de Sanxenxo, unha das primeiras praias que aparece na costa é a de Areas, a uns 15 km de Pontevedra.
Neste concello tamén hai praias como Silgar, Canelas, Foxos ou Montalvo, entre outras moitas. De camiño ao Grove, aparece a praia da Lanzada, cunha extensión de case 3 km onde se atopa un impresionante xacemento arqueolóxico e unha pequena ermida á beira do mar.
Praia da Lanzada
Bañarse no Atlántico
No outro lado da ría, a uns 8 km da cidade, atópanse as de Marín, entre as que destacan as praias de Portocelo, Mogor, Aguete e Loira. Despois, a uns 15 km atopamos as primeiras praias de Bueu, un exemplo destas, as áreas de Lapamán ou Portomaior, e un pouco máis lonxe Lagos ou Tuia.
Praia da Área Brava, Aldán
As praias de Rodeira, Melide, Menduiña ou Nerga, en Cangas do Morrazo, están situadas a uns 25 km da cidade de Pontevedra.
En moitas destas praias podes realizar múltiples actividades acuáticas que van desde kite surf, surf ou kaiak, un plan perfecto para gozar da beleza das praias dende unha perspectiva diferente.