Aparca o coche e, camiña!
Para os habitantes de Pontevedra vivir nunha cidade sen coches é unha realidade. Máis do 70% dos desprazamentos urbanos fanse a pé o en bicicleta e só tres de cada dez persoas que se moven pola cidade o fan en coche. Pontevedra é unha cidade para paseala, para explorar tódolos seus recunchos e perderse polas súas rúas e prazas. Aparca o coche e, camiña!
A Pé. Metrominuto
Pontevedra é a cidade idónea para camiñar, non so pola súa dimensión, senón que ademais o seu modelo urbano está deseñado por e para os peóns, tan atento á mobilidade sen motor que liberou de tráfico ás súas principais rúas. Ademais, os principais itinerarios urbanos son completamente peonís, e na súa maioría, con amplas beirarrúas.
Goza a pé da cidade que camiña y utiliza a túa propia enerxía para desprazarte por ela dun lado ó outro.
Aparcamentos de pago e gratuitos
Área de autocaravanas
Calle José Malvar Figueroa, 46 36002 Pontevedra | +34 986 090 890
Servicios
– Área pública (contorna urbana)
– Tarifa: Gratuíta
– Nº de plazas: 20
– Estancia autorizada 72 horas
– Aberto 365 días
– Pasa a noite
– Auga potable
– Vaciado de augas negras e grises
– Restaurante / cafetería
– Compras
– Zona de xogos
– Admite mascotas
Taxis
A cidade de Pontevedrá dispón nas súas rúas principais de varias paradas de taxi para aqueles que decidan utilizar este método de transporte para se mover pola cidade e os seus arredores. Ademais, dispón de dous servizos de taxi ós que chamar para te recollan onde de atopes:
RadioTaxi, ó que podes acceder chamando ó teléfono 986 86 85 85, ou Teletaxi Pontevedra, cuxo número es 986 10 10 10.