skip to Main Content

Estamos desexando que veñas a Pontevedra e goces ó máximo posible da túa estancia. Por isto, para garantir un turismo seguro, necesitamos que se cumpran unha serie de medidas. Aquí poderás consultar as novidades, para coñecer e gozar Pontevedra e os seus arredores sen riscos.

Unha cidade segura

É necesario que os viaxeiros, sexan residentes en Galicia ou no, que proveñan o houberan estado nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19 proporcionen os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias galegas nun prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada, independentemente de que presente ou non síntomas compatibles coa covid-19.

Os datos de contacto deberán darse ou ben cubrindo o formulario que está dispoñible na web coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou chamando ó teléfono 881 00 20 21.

Para estar informado da situación xeral da COVID-19 en Galicia e o estado particular de cada concello www.coronavirus.sergas.gal e para consultar toda a información de interese público e medidas adoptadas pola Xunta de Galicia www.transparencia.xunta.gal

Se estás a pensar en viaxar a Galicia has de saber que as administracións públicas e o sector teñen en marcha o programa Galicia destino seguro, coma parte do Plan de Reactivación do sector cultural e turístico. Este plan pretende garantir en primeiro lugar que o sector se adapte a esta nova situación e, por outro que os turistas viaxen á nosa Comunidade con confianza.

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad