skip to Main Content

Natureza

Pola súa situación ó fondo da Ría e na desembocadura dos ríos Lérez, Rons e Gafos, a cidade de Pontevedra goza dunha contorna natural privilexiada. Unha combinación perfecta entre paisaxes de costa e montaña, ríos e Ría e que son ademais de gran importancia e diversidade natural. Para gozar da natureza no fai falta afastarse moito do centro urbano, sen ir máis lonxe nos últimos anos as marxes do río Lérez, ó igual que o Rons e o Gafos se foron recuperando como lugares de ocio con varias sendas fluviais.

Río Lérez -Illa das Esculturas

O río Lérez constitúe un marco natural de innegable valor ambiental que serve de vencello entre a parte urbana e rural do municipio de Pontevedra. Nace a 900 metros de altitude na Serra do Candán, e percorre algo máis de 61 quilómetros antes de verter as súas augas á Ría de Pontevedra. É na súa desembocadura onde dá lugar a un ecosistema exclusivo das costas galegas, cunha serie de particularidades naturais. O maior interese ecolóxico da fronte costeira reside nos hábitats intermareais bancos areosos e lamosos intermareais e submareais e de marisma. Toda esta zona é un Lugar de Interese Comunitario (LIC) con protección especial. Neste tramo final do río e practicamente a carón da cidade atopámonos coa illa das esculturas ou illa do Covo perfecta simbiose entre natureza, arte e paisaxe. Este lugar acolle un proxecto artístico pioneiro en España con o que se expoñen permanentemente e ó aire libre doce obras en granito de diferentes artistas relacionadas coa contorna. Existen varias rutas de sendeirismo que discorren polas dúas marxes do río e do seu variado e frondoso bosque.

Lerez Naturaleza

Río Lérez

Xunqueira de Alba

A Xunqueira de Alba é un dos espazos naturais máis interesantes do municipio, declarada en 2012 como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), o primeiro deste tipo en Galicia. É unha das zonas de marisma e húmida mellor preservadas das Rías Baixas. a zona protexida ocupa arredor de 67 hectáreas cunha gran variedade de ecosistemas, especies vexetais e fauna entre a que destacan as aves. É un espazo de gran Interese para a observación de aves acuáticas migratorias e sobre todo limícolas o de invernada, incluso para algunhas especies zona de cría. Na parte noroeste existe un observatorio ó borde da marisma xunto ó pequeno esteiro que se forma no tramo final do río. Destacan ademais das aves a gran variedade de insectos sobre todo cabaliños do demo e bolboretas, algunhas en perigo de extinción, anfibios e é posible observar tamén pequenos mamíferos como a londra.

Xunqueria Alba Naturaleza

Xunqueira de Alba

Río Gafos

A contorna do río Gafos é o segundo Espazo Natural de Interese Local (ENIL) que atopamos na cidade. Seguindo canal do río Gafos pola súa marxe dereita, entre frondosa vexetación de ribeira discorre unha fermosa senda lineal de seis quilómetros. A vexetación de ribeira nalgunhas zonas chega a ser dunha gran densidade, feitos, liques, musgos, silvas, xibardas e incluso lúpulo comparten hábitat con espiños brancos e carballos de dimensións importantes. Ó longo do sendeiro atópanse tres tipos de formacións boscosas: as brañas, onde prevalecen os salgueiros e os amieiros; os bosques, dominados por carballos, freixos, bidueiros, chopos e salgueiros; e os soutos, bosques de castiñeiros.

Gafos Naturaleza

Río Gafos

Parques forestais

Nos últimos anos estase a crear un anel verde periurbano na cidade no que destacan algúns parques forestais. Unha gran alternativa, que está preto da cidade, propón lugares naturais para entrar en contacto coa natureza e descubrir a fauna e a flora que habita nela.

A Fracha

Este parque forestal está situado no monte de A Fracha, entre as parroquias de Marcón, Tomeza e A Canicouva. Abarca 406 hectáreas e conta cunha área de ocio e varias sendas para gozar dun paseo, clasificadas segundo a súa dificultade. Dende o seu miradoiro pódense contemplar a Ría de Pontevedra e parte da Ría de Vigo. Destaca a panorámica da cidade de Pontevedra, asentada nas ribeiras do río Lérez antes da súa desembocadura. A contorna corresponde coas características habituais dos montes do litoral das Rías Baixas, pendente empinada e con cuberta vexetal con plantacións forestais nas ladeiras con matogueiras e a parte alta coroada por rocas.

Miradores 2048x555

Miradoiro Couto das Forcadas

A Tomba

O parque forestal de A Tomba está moi próximo ó casco urbano da cidade de Pontevedra, en Campañó, tanto que pódese ir camiñando. Este parque forestal, que ocupa 62 hectáreas e conta con 17 quilómetros de sendas e varios miradoiros, atópanse en plena repoboación, con diversas especies coma carballos pirenaicos, castiñeiras e oliveiras, ademais de arbustos coma o acivro.

Xardíns do Pazo Lourizán

Os xardíns de Lourizán conforma un espazo de grande interese botánica situado a só 3 quilómetros de Pontevedra. Os seus xardíns, finca e arboredo, de 54 hectáreas, albergan arredor de 700 especies vexetais procedentes de todos os continentes, unha das coleccións máis importantes de toda Galicia. Algunhas das especies están incluídas no Catálogo Galego de Árbores Singulares. O pazo, o invernadoiro e os xardíns foron construídos por Montero Ríos entre finais do século XIX e principios do XX, cun deseño de gran influencia modernista.

Lourizan Panoramica

Pazo de Lourizán

Outros espacios naturais na contorna

Na contorna máis próxima á cidade de Pontevedra atopamos unha gran variedade de recunchos con gran valor natural, onde aparecen tamén outros elementos que forman parte da cultura e a historia de Galicia.

Salinas de Ulló

As salinas reciben o seu nome do val de Ulló, situado na parroquia de Paredes (Vilaboa), a 11 quilómetros de Pontevedra. Teñen unha gran importancia etnográfica e natural, pois constitúen nun lugar de referencia para o paso e a observación de aves. Este espazo inclúe varios ecosistemas coma o bosque de ribeira, a marisma e a enseada. Todo o conxunto foi recuperado e dispón dunha senda que cruza e rodea as marismas. Estas salinas comezaron a ser explotadas polos Xesuítas de Pontevedra en 1694 e alcanzaron gran importancia. Na parte Oeste do dique atópase a granxa das Salinas, unhas ruínas que datan de finais do século XVII e principios do século XIX.

www.terrasdepontevedra.org 

Serra do Cando

Entre os vales do río Verdugo e do río Lérez, a Serra do Cando se estende ó longo dunha cordilleira montañosa con altitudes de preto de 1000 metros, onde destaca o Monte Seixo de 967 metros de altitude. Este espazo natural protexido, xa que forma parte da Rede Natura 2000 e é un Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), atópanse a 34 quilómetros da cidade de Pontevedra. Comprende varios concellos, coma son o de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Forcarei e, xa en Ourense, Beariz. A serra é berce de numerosos ríos, coma o Verdugo ó Almofrei. Numerosas charcas e brañas onde a auga serve para o gando que vaga libre presiden o cumio desta serra, onde a vexetación que predomina é o toxo, a carqueixa e os breixos, típico deste clima atlántico de montaña.

Lago Castiñeiras

O lago de Castiñeiras forma parte dun gran parque natural a 10 km da cidade que se estende polos concellos de Marín, Vilaboa e Moaña, no que tamén atopase o miradoiro de Cotorredondo. A contorna constitúe unha importante zona de refuxio e cría para moitas especies de animais silvestres. O Lago de Castiñeiras é un lago artificial de 1950 pero cun gran encanto e valor natural. Son varios os regatos que o alimentan, dando lugar a un espazo singular no que coexisten especies autóctonas con árbores de moi distintas procedencias. Conta con varios sendeiros, fontes, parques infantís e área recreativa.

Lago Castineiras

Lago Castiñeiras

Cabo Udra

O cabo Udra é un espazo natural costeiro protexido que forma parte da Rede Natura 2000 situado no Concello de Bueu, a 27 quilómetros de Pontevedra. Ademais da súa catalogación como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) é Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). O espazo protexido abarca uns 8 quilómetros de costa e 443 hectáreas de auga mariña. Dende o aparcamento existente na baixada á Praia de Mourisca podemos realizar unha pequena ruta de sendeirismo de case 4 quilómetros ó borde do mar e que nos conduce cara á aula de natureza. Toda esta parte da costa de cabo Udra destaca tamén polas súas calas e praias como a de Tuia, Mourisca, Ancoradouro e Lagos.

Parque natural A Barosa

Situado no Concello do Barro, a 18 quilómetros, tratase dun pequeno parque natural no que destaca unha gran fervenza con un sendeiro circular de 4 quilómetros. Este itinerario, percorre o río Barosa e permite contemplar o conxunto de 12 muíños de auga situados en cascada aproveitando o desnivel do río. os muíños son construcións típicas que poderás atopar nas beiras de muchos dos ríos do entorno de Pontevedra.

http://www.turismoriasbaixas.com

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad