Nos arredores de Pontevedra existe unha gran cantidade de lugares que permiten admirar e contemplar a fermosura da cidade e da súa contorna dende as alturas. E é que Pontevedra ofrece múltiples e variados miradoiros, nos que non só sorprenden as súas vistas, senón tamén a paisaxe que ofrece a súa situación. Estes 6 miradoiros ofrecen vistas da cidade de Pontevedra, da súa ría, e incluso da Ría de Vigo e a de Arousa.
A Tomba
Ó miradoiro do parque forestal de A Tomba, próximo á cidade, pódese acceder camiñando e gozar dun agradable paseo entre a natureza. Este parque forestal ocupa 62 hectáreas e conta con 17 quilómetros de sendas e varios miradoiros.
Miradoiro Cotorredondo (Vilaboa e Marín)
O miradoiro de Cotorredondo atópase a 550 metros de altitude no Concello de Vilaboa, a 10 quilómetros da cidade. Dende aquí podemos ver a enseada de San Simón na ría de Vigo e no seu extremo oposto á ría de Pontevedra, chegando incluso a poder contemplar a Ría de Arousa nos días máis claros.
Monte de A Caeira (Poio)
O miradoiro do monte de A Caeira é o máis achegado á cidade e dende el obteremos unha boa panorámica de Pontevedra e o fondo da Ría. Ademais dunhas vistas impresionantes da cidade, atoparemos tamén a Área Arqueolóxica da Caeira, un espazo recuperado, no que poderemos ver un conxunto de arte rupestre

Vistas desde o Miradoiro da Caeira
Miradoiros da Fracha (Pontevedra)
Outro punto preto da capital da provincia é o monte da Fracha, onde un marabilloso miradoiro ofrece fantásticas vistas ás Rías Baixas a 493 metros de altitude. Dependendo da pendente pola que decidamos comezar a camiñada, podemos admirar a Ría de Pontevedra por un lado e desde o outro plano, a Ría de Vigo, coa ponte de Rande e a illa de San Simón. O mellor acceso para chegar é a través da PO-542, a só 7 quilómetros do centro de Pontevedra.

Vistas desde o Miradoiro do Couto das Forcadas, A Fracha

Miradoiro de Outeiro Navío, A Fracha
Miradoiro do Monte Castrove (Poio)
Situado a pouco máis de 600 metros de altitude e a tan só 10km da cidade, ofrece vistas da ría de Pontevedra, Arousa e un extremo da de Vigo. Moi preto, a uns 5 quilómetros, hai un pequeno bosque de Sequoias, considerado un dos meirandes de Europa. Este lugar xorde en 1992 froito dunha iniciativa como conmemoración ós cincocentos anos que pasaron dende que Cristobo Colón descubriu o Novo Mundo. Expertos norteamericanos se desprazaron ata aquí para realizar a plantación de sequoias vermellas.
Miradoiro do monte de A Peneda (Soutomaior e Reondela)
Dende este miradoiro, situado no monte de A Peneda a uns 300 metros de altitude poderemos contemplar unha vista única da Ría de Vigo, da ponte de Rande e a Illa de San Simón. Na cima atópase unha ermida coñecida como de A Virxe das Neves da Peneda e a súa orixe podería se remontar ós séculos XV ou XVI. De todos os destacados na contorna de Pontevedra este é o máis afastado da cidade, pois atópase a 15 quilómetros nos límites dos Concellos de Soutomaior e Reondela.