skip to Main Content

Museo Provincial de Pontevedra

O Museo de Pontevedra está considerado como un dos mellores museos provinciais de toda España grazas á súa variedade e á riqueza dos seus fondos. Está formado por seis edificios dos cales soamente se poden visitar tres, debido a que os restantes se atopan en fase de reforma.

O Edificio Castelao, inaugurado en 2013, inclúe coleccións de pintura española dos séculos XIX- XX e de arte galega desde o século XIV ata a actualidade, ademais dunha sala dedicada a Castelao, e outra que alberga exposicións temporais. O Edificio Sarmiento, unido ao anterior, conserva fondos arqueolóxicos da Prehistoria e a Antigüedad, arte galega medieval ata o século XIII, as coleccións de louza de Sargadelos e cerámica celta entre outros.

O terceiro edificio son as Ruínas de Santo Domingo, únicos vestixios da igrexa e convento dos dominicos dos séculos XIV- XV que se situaba nese mesmo lugar. Nel exhíbense coleccións de laudas gremiais, sepulcros, restos arquitectónicos doutras edificacións e labras heráldicas da cidade e a provincia.

Museo Provincial Museos Scaled
Museo Provincial Museos Scaled
Museo 1
Museo 2
Museo 3
Museo 4
Museo 5
Museo 6
Museo Provincial Museos ScaledMuseo 1Museo 2Museo 3Museo 4Museo 5Museo 6

Centro Interpretación Torres Arzobispales (CITA)

Os vestixios das Torres Arzobispais teñen a súa orixe no castelo que se levantou en este mesmo lugar no século XII. Pouco despois o rei Fernando II doa a vila e esta fortaleza ao arcebispo de Santiago, que a utiliza como residencia cando visita a cidade. Sufriu graves danos durante o enfrontamento entre Alonso II de Fonseca, arcebispo de Santiago, e Pedro Álvarez de Sotomaior, máis coñecido como Pedro Madruga, durante a guerra civil que entre os anos 1474 e 1477 enfrontou aos partidarios de Isabel a Católica e aos de Xuana a Beltraneja. A comezos do século XVIII Pontevedra sofre un ataque inglés durante o cal este lugar é incendiado e queda moi deteriorado, pois tan só sálvase a súa gran torre da homenaxe que será utilizada como cárcere. A finais do S. XIX decídese a súa demolición. No ano 2007, en obras de reforma desta avenida, aparecen restos desta fortaleza, unha enorme estrutura composta por un muro moi labrado (escarpa), que era o que estaba pegado ás Torres Arzobispais, e un contramuro menos coidado (contraescarpa). O foso contaba cunha ponte levadizo. Tamén se atoparon varios proxectís de pedra que foron identificados como balas de catapulta. No ano 2010 inaugúrase o Centro de Interpretación.

Tarifas

Entrada xeral: 2,00 €.
Entrada reducida: 1,00 €
Entrada gratuíta: menores de 8 anos
Persoas maiores de 65 anos; estudantes; menores de entre 8 e 16 anos; grupos familiares a partir de catro membros; persoas desempregadas.

Cita Museos

Illa das Esculturas

A Illa das Esculturas é un lugar único onde arte e natureza van da man. Situado nun enclave privilexiado á beira do río Lérez, no seu tramo final antes da súa desembocadura ao mar, constitúe unha zona de gran valor natural clasificada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e forma parte do Rede Natura 2000. É un lugar único para poñerse en contacto coa natureza, facer rutas de sendeirismo e incluso dar unha volta en bicicleta. Aquí tamén atoparás o museo de arte contemporánea ao aire libre máis grande de toda Galicia, con doce esculturas de granito de doce artistas diferentes que produciron as súas obras precisamente para este espazo. Este foi un proxecto pioneiro en España co que os artistas reflectiron nas súas obras a paisaxe, a tradición do lugar, a historia da escultura e a pedra, e especialmente a esencia do home e a súa relación coa natureza.

Esculturas 1
Esculturas 1
Esculturas 3
Esculturas 2
Esculturas 4
Esculturas 1Esculturas 3Esculturas 2Esculturas 4

Xacemento Campiño de Santa María

En 2008 e 2009, as obras de remodelación arredor do Campiño de Santa María, onde se atopa a basílica de Santa María A Maior, sacaron á luz un conxunto completo de edificios e estruturas medievais nos que destaca o muro de cimentación da torre dos Montenegro, unha parte importante da muralla e unha pasarela interior con pavimento empedrado.

Para visualizar mellor a sección do muro, recoméndase baixar á rúa Arzobispo Malvar, onde tamén no número 11 hai un lenzo do muro integrado hoxe nunha propiedade privada.

Xacemento da ponte do Burgo

As escavacións de 1988 e as que se fixeron a partir de 2006 permitiron recuperar neste espazo, á beira do río Lérez, tres fitos romanos datados entre os séculos II e IV, que se atopan actualmente no Museo Provincial. No lugar tamén se descubriu a ponte medieval coa súa fábrica orixinal do século XII, o antigo cárcere, un tramo da muralla da cidade, o peirao do século XV e un camiño asfaltado dende a zona portuaria. O conxunto completouse cunha extensa colección de obxectos, incluíndos máis de 4.500 fragmentos cerámicos.

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad