O termo municipal de Pontevedra divídese territorialmente en 15 parroquias nas que se alberga un interesante e rico patrimonio histórico e artístico máis aló do que atopamos no seu centro histórico.
O Pazo de Lourizán e os seus xardíns
Moi preto da cidade, a tan só 3,5km, atópase o Pazo de Lourizán, un edificio modernista construído a principios do século XIX deseño do famoso arquitecto Genaro de la Fuente. Foi residencia de veraneo e de lecer do político Eugenio Montero Ríos, presidente do Consello de Ministros na segunda metade de 1905. Destacan a escaleira de pedra de corte imperial, as estatuas de inspiración clásica e os ornamentos. Ademais, posúe un invernadoiro modernista único en Galicia polo seu tamaño e fábrica de vidro e de ferro. No xardín, de estilo romántico, podemos atopar diversas fontes históricas. Outro dos espazos máis significativos é o invernadoiro, de estilo modernista é único en Galicia polo seu tamaño e o seu método de construción: ferro e vidro.
Pazo de Lourizán
O pazo está rodeado por unha impresionante leira. Nas súas 54 hectáreas de xardíns, leira e arboleda podemos atopar preto de 700 especies vexetais procedentes de todos os continentes, unha das coleccións máis importantes de toda Galicia. Robles, castiñeiros, bidueiros, cipreses, araucarias, cedros, magnolias e outras especies crecen nos seus xardíns regalando a quen os visita unha auténtica experiencia botánica. Dos seus xardíns, destaca a colección de camelias, a flor que viches de cores o inverno na cidade.
Ponte Sampaio e a súa contorna natural
Na desembocadura do río Verdugo, a 12 km da cidade, podemos visitar a ponte de Ponte Sampaio, de orixe medieval e 144 metros de longo. Esta ponte foi o escenario da última batalla en Galicia contra o exército de Napoleón durante a Guerra da Independencia os días 7 e 8 de xuño de 1809, coa que finalizou a ocupación francesa. Ponte Sampaio posúe ademais unha contorna de gran valor natural no que se sitúa tamén o illote de Medal. A este pequeno illote pódese acceder a pé e gozar de varios roteiros de sendeirismo como a do Patrimonio de Ponte Sampaio, na que destaca un curioso acueduto duns 100 metros que se coñece co nome de “O Paredón”.
Contorna de Pontesampaio
Mosteiro de San Salvador Lérez
Sobre o río Lérez, e a uns 3 km da cidade, sitúase o Mosteiro de San Salvador de Lérez, declarado monumento histórico-artístico e paraxe pintoresca en 1946, e tamén Ben de Interese Cultural (BIC). A súa orixe remóntase ao século X, e no seu interior destacan as imaxes dedicadas ao Salvador, do século XIII, e a capela de San Benito, do século XVIII. Cada 11 de xullo é festivo na cidade de Pontevedra pola romaría popular de San Benitiño de Lérez que se celebra neste mosteiro, un santo que recibe a fama de milagroso e do que se di que o seu aceite goza de propiedades curativas.
Mosteiro de San Salvador Lérez