Séntete como en casa. Vive unha experiencia única coñecendo de forma diferente a cidade que foi capaz de reinventarse. Pasea polas súas rúas e prazas -ideais para percorrer a pé-, goza das súas tendas e comercios que che entreterán polo camiño, empápate do ambiente e da vida local, saborea a súa gastronomía... E se antes de vir, queres saber máis, aquí poderás descubrir como é, a súa historia, climatoloxía, curiosidades, galardóns que recibiu, como nos ven desde fóra... Xa non hai escusas. Pontevédrate!
Hai moitas formas de coñecer unha cidade, pero percorrela cun guía pode ofrecernos unha perspectiva máis completa. Coñece o servizo de visitas guiadas..
Pontevedra, do latín “Ponte Vetera” en alusión á vella ponte romana, gozou da súa época de esplendor durante os séculos XV-XVI grazas ao porto e á pesca da sardiña. Neses momentos chegou a converterse na maior poboación galega. A historia de cidade está chea de acontecementos de gran relevancia e interese. Coñécea!
Un verán soleado. Un inverno suave. Nin fríos nin calores extremos. O lugar onde chove o xusto para que o verde predomine na paisaxe. O perfecto lugar para eviar os calores abafantes do verán peninsular e os xélidos invernos do interior. Por algo nos chaman Galifornia! Compróbao!
© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados