skip to Main Content

Pazo da Cultura e recinto ferial

Este complexo cultural de case 10.000 m2 conta con auditorio, sala de exposicións temporais, salón de actos, oito seminarios e outras salas de múltiples usos, ademais de cafetería/restaurante, xardíns e un amplo aparcamento. Durante todo o ano alberga unha intensa e variada actividade cultural, sobre todo no gran auditorio. o recinto feiral do exterior do edificio acolle tamén actividades de feira, mostras comerciais e eventos culturais.

Pazo da Cultura : Ruá Alexandre Bóveda s/nº

Pazo Cultura Arquitectura

Pazo da Cultura

Auditorio ABANCA

Este edificio, orixinal de 1948 e remodelado recentemente, conserva dúas rechamantes fachadas, na dianteira destaca unha escultura de 6 metros de bronce do mítico fundador Teucro, e na posterior, unha ampla cristaleira. Actual sede da fundación na cidade, destacan entre os seus espazos un gran o auditorio, con capacidade para unhas 800 persoas, sala de conferencias, sala de reunións, sala de consello e salas de exposicións. Durante todo o ano Dispón dunha ampla programación de primeira calidade que inclúe teatro, danza, música, ópera e cine.

Auditorio a Banca: Augusto González Besada, 2.

Acceso: Parking Central.

Este edificio de comezos do século XX, cuxo propietario foi Bernardo Martínez Bautista, emigrante pontevedrés que fixo fortuna en Cuba, é na actualidade un dos centros que a fundación ten na cidade. Nel celebráronse importantes faladoiros literarios cos grandes expoñentes da literatura galega. No seu interior conserva importantes pinturas de Laxeiro, e respectou por completo a súa esencia, co vestíbulo de entrada, os espellos e lámpadas orixinais, e unha impresionante escaleira.

No seu salón de actos e salas de exposicións teñen lugar conferencias, cursos e outras actividades culturais. No exterior, fronte á súa entrada, destaca a escultura «Faladoiro do Café Moderno », obra de César Lombera, na que se ven representadas as figuras de Manuel Quiroga Losada, Alexandre Bóveda, Alfonso Rodríguez Castelao, Valentín Paz Andrade, Ramón Cabanillas Enríquez e Carlos Casares Mouriño.

Café moderno : Praza de San José 3.

Acceso: Parking central

Cafe Moderno Ensanche

Café Moderno

Teatro Principal

No año 1864, tras o derribo da entón xa moi deteriorada igrexa de San Bartolomé, que ocupaba este solar, iniciáronse as obras do edificio para a Sociedade do Liceo Casino con teatro anexo, coñecido posteriormente como Teatro Principal, que foron finalmente inaugurados en 1878.

O 14 de abril de 1980 un incendio producido por un cortocircuíto no Liceo destruíu tamén o Teatro Principal. En 1983 o Concello adquiriu as ruínas do Teatro para a súa reconstrución. O edificio actual, inaugurado en 1997, é obra do arquitecto José Ramón Caridad.

Teatro principal (986 83 30 61): Rúa Paio Gómez Charino 6.

Acceso: Parking praza de España / peonil

Teatro Principal

Teatro Principal

No ano 1864, tras o derribo da entón xa moi deteriorada igrexa de San Bartolomé, que ocupaba este solar, iniciáronse as obras do edificio para a Sociedade do Liceo Casino con teatro anexo, coñecido posteriormente como Teatro Principal, que foron finalmente inaugurados en 1878.

O 14 de abril de 1980 un incendio producido por un cortocircuíto no Liceo destruíu tamén o Teatro Principal. En 1983 o Concello adquiriu as ruínas do Teatro para a súa reconstrución. O edificio actual, inaugurado en 1997, é obra do arquitecto José Ramón Caridad.

Teatro principal (986 83 30 61): Rúa Paio Gómez Charino 6.

Acceso: Parking praza de España / peonil

Casa das Campás

Este edificio é un dos máis antigos da cidade, dos séculos XV-XVI. Conserva dúas labras heráldicas vencellas cos García Camba e os Puga, e uns curiosos arcos cono piales nas portas. No século XIX relacionábase ademais coas aventuras do pirata pontevedrés Benito Soto, e aquí pensábase que poido haber agochado o seu tesouro. Na actualidade é sede do vicerreitorado do Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo. Dispón dun salón de actos no que teñen lugar proxeccións de cine, conferencias e cursos, entre outros eventos.

Casa das Campás (986 802 080): Rúa Don Filiberto 9-11

Acceso: Parking Praza de España / Peonil

Convento de Santa Clara

A igrexa e convento de Santa Clara foron adquiridos recentemente polo Concello de Pontevedra. A igrexa foi desconsagrada e as súas imaxes trasladadas a outro templo da mesma orde en Santiago de Compostela.
Actualmente pasou a formar parte do Museo Provincial, só a antiga igrexa se utiliza ocasionalmente para un acto cultural xa que todo o conxunto está pechado por obras.

C/Santa Clara 16 36002 Pontevedra
www.santaclarapontevedra.gal

Acceso: Parking Santa Clara

Convento de Santa Clara

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad