skip to Main Content

A Moureira foi un distrito pesqueiro tradicional de gran importancia no século XVI, asociado á arte de salgar e exportar peixe. A Moureira comprendía o espazo situado entre a cidade amurallada e a costa, dende a ponte do Burgo ata a desembocadura do río Gafos e contiña tamén o equipamento e a infraestrutura necesarios para o desenvolvemento das actividades marítimas e portuarias, como as casas dos mariñeiros.

Barrio Moureira

Casas do barrio da Moureira

Durante a Idade Media e boa parte da idade Moderna, o porto de Pontevedra foi o máis importante das Rías Baixas. Pero foi a partir do século XIX cando pouco a pouco se perdeu esta tradición ligada ao mar.

Algúns nomes de rúas e outros lugares seguen relacionados coa arquitectura mariña do barrio, como a Travesía dos Peiraos, a Praza do Peirao, a Rúa Sardiña ou a Rúa Pedro Sarmiento de Gamboa . A rúa Juan Villaverde é unha das poucas rúas da zona que aínda conserva o seu carácter marítimo con edificios típicos e escaleiras esculpidas na rocha. O campo da Torre, onde actualmente se atopa a praza de touros, era o lugar de traballo dos veciños do barrio. Neste mesmo lugar está a Capela de San Roque, construída orixinalmente na avenida das Corbaceiras e reconstruída en 1901 no lugar que ocupa hoxe en día. A súa situación non é froito da casualidade xa que San Roque é o avogado contra a peste, de aí que se atope no antigo barrio pesqueiro da cidade.

Campo da torre

Era un dos grandes espazos públicos, o lugar de traballo dos veciños e sobre o que se construiría a praza de touros. Os datos indican que a partires do século XVII celebráronse touradas na praza da Ferraría, que estaba rodeada de valos de madeira. En 1892 construíuse unha praza de touros de madeira que levaría o nome de “San Roque” porque estaba preto da súa capela. Máis tarde derrubouse para construír a definitiva, inaugurada o 12 de agosto de 1900.

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad