Papagaio Ravachol
A escultura do Papagaio Ravachol, situada na praza da Peregrina, é obra do artista pontevedrés José Luis Penado. Instalouse no 2006 no lugar onde se atopaba a famosa farmacia do señor Perfecto Feijoo e o seu loro Ravachol, personaxe que foi adoptado en 1985 como un dos símbolos do entroido da cidade. Este loro fíxose moi popular e querido polos visitantes da farmacia polo seu carácter. Avisaba ao señor Perfecto cando alguén chegaba ao establecemento e non permitiría que ninguén saíse da farmacia do seu propietario sen pagar. Pouco a pouco gañou o agarimo dos pontevedreses, tanto que se celebrou un funeral masivo cando morreu nos entroidos de 1913. Por este motivo, nesta celebración recréase cada ano o funeral deste famoso personaxe da historia da cidade.
Enterro do Papagaio Ravachol. © Mónica Patxot. Pontevedra Viva