Pontevedra para todas e todos
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e a través do seu Programa COMUNICO, ven de engadir a súa oferta de visitas guiadas un novo percorrido accesible guiado por algunha das principais prazas do seu centro histórico deseñada especialmente para persoa con diversidade sensorial (persoas xordas, con perda auditiva e xordoceguera) e as súas familias.
Como é a visita?
A visita comeza na Praza da Ferrería e terá unha duración de 1h 15m polas principais prazas do Centro histórico: Leña, Verdura, Méndez Núñez e Teucro, así coma o Santuario da Virxe Peregrina.

Agardámosvos ás 10:30h con un paraugas verde na Praza da Ferraría.
Tarifas
Xeral: 5€
Menores de 12 anos: gratis
Horarios
Xullo, agosto e setembro 2022
Xullo: domingos 17 e 31
Agosto: domingos 21 e 28
Setembro: domingo 11
Precísase dun número mínimo de participantes? Esta actividade precisa dun mínimo de 6 participantes. No caso de non alcanzar ese número, contactarémosvos para ofrecervos diferentes alternativas.
Grupos dun máximo de 12 persoas.
Por que escollernos?
As nosas visitas están organizadas e patrocinadas polo Concello de Pontevedra e Turismo de Pontevedra e todos os nosos guías son responsables de turismo.
Durante aproximadamente 1 hora e 30 minutos percorreremos a historia e orixe de Pontevedra a través dos seus personaxes e historias.