Ven e acompáñanos,
é a mellor maneira de descubrir Pontevedra
Goza coñecendo de forma diferente a cidade. Pasea polas súas rúas e prazas, Goza das súas tendas e comercios, empápate do ambiente e a vida local, saborea a súa gastronomía… Ademais, a situación xeográfica de Pontevedra, capital da provincia e das Rías Baixas, é absolutamente privilexiada, comunicada cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.
Por que nos elixir?
As nosas visitas / tours están organizadas e patrocinadas polo Concello de Pontevedra e por Turismo de Pontevedra e todos os nosos guías son oficiais de turismo.
Durante aproximadamente 1 hora e 45 minutos percorremos a cidade e visitamos o interior dos monumentos sempre que sexa posible, cousa que non ocorre noutras empresas e percorridos.
As nosas visitas / tours organízanse sempre cun número limitado de prazas para garantir que os asistentes poidan desfrutar e aprender da maneira máis cómoda posible.
Para que poidas desfrutar da experiencia sen ter que valorar ao final cal sería a achega axeitada, traballamos con tarifas previamente definidas, axustadas ao percorrido e á duración do tour, e pensadas para ofrecer un equilibrio xusto entre calidade e prezo.
Tarifas
Xeral: 7€
Reducida*: 5€
Até 12 anos: gratis
*Tarifa reducida:
Persoas desempregadas, estudantes, xubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas, persoas con discapacidade, persoas aloxadas en Pontevedra. (Presentar o documento correspondente ao inicio da visita).
Horarios e datas
Semana Santa 2026
Do 30 de marzo ao 6 de abril
30 e 31 de marzo; 5 e 6 de abril ás 11:30h
1, 2, 3 e 4 de abril ás 11:30h e 17:00h
Verán 2026
22, 23, 25, 26, 27, 28, 29 e 30 de xuño
11:30h
Do 1 de xullo ao 10 de setembro
11:30 e 18:30h (domingos e festivos só 11:30h)
Do 11 ao 30 de setembro
11:45h e 17:30h (domingos e festivos só 11:45h)
Ponte do Pilar 2026
Días 10, 11 e 12 de outubro
Visita ás 11:45 horas
Ponte da Constitución 2026
Días 4, 6, 7, 8 e 9
Visitas ás 11:45 horas
Día 5
Visita ás 11:45 horas e ás 16:45 horas
Esta actividade precisa un mínimo de 8 participantes. No caso de non acadar ese número, contactaremos convosco para ofrecervos diferentes alternativas.
Prepara a túa viaxe
Ao igual que na maioría de destinos existen varias empresas que ofrecen freetours.










