O encanto da noite
Vive a historia
Embárcate nunha divertida viaxe por parte da historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista. Déixate acompañar de personaxes doutros tempos e doutros mundos que che desvelarán algúns segredos da Boa Vila.
Os participantes son conducidos por diversos personaxes como guías polas rúas e prazas dunha parte do centro histórico. A visita corre a cargo da compañía Migallas Teatro.
Como é a visita?
Neste percorrido evocaranse acontecementos e personaxes históricos coñecidos como o “Fiel Contraste”, Alonso de Fonseca, Tristán de Montenegro, Pedro Madruga, Paio Gómez Chariño, Xoán Nobre, Cornelis de Holanda… e tamén merecerán un recordo especial os homes e as mulleres anónimas que habitaron esta vila e os seus arredores ao longo dos séculos, a través da recreación de escenas da vida cotiá.
A visita realízase no entorno da Praza de España e da Basílica de Santa María.
Agardámosvos ás 22:00h cun paraugas verde detrás do Edificio do Concello situado na Praza de España.
Tarifas
Horarios
Requírese un número mínimo de participantes? Esta actividade require un mínimo de 25 participantes. Se non chegamos a ese número, porémonos en contacto contigo para ofrecerche diferentes alternativas.
Por que escollernos?
As nosas visitas están organizadas e patrocinadas polo Concello de Pontevedra e Turismo de Pontevedra e todos os nosos guías son responsables de turismo.
Durante aproximadamente 1 hora e 30 minutos percorreremos a historia e orixe de Pontevedra a través dos seus personaxes e historias.