Visitas guiadas

Visit Pontevedra

Coñece Pontevedra co noso servizo de visitas guiadas 2019.

 

En Semana Santa do 15 ao 21 de abril os turistas que visiten Pontevedra poderán optar ao servizo de visitas guiadas estivais acompañados por guías oficiais de Turismo de Pontevedra.

Sesións e prezos

As visitas saen desde a Oficina de Turismo Rías Baixas, na avenida de Santa María s/n (os tickets adquírense no mostrador que Turismo do Concello ten nesa Oficina), e teñen unha duración estimada de case dúas horas.

Hai dúas sesións diarias en horario de mañá e tarde todos os días, agás o domingo. O horario de visitas será ás 11.30 h e ás 17.30 h. O domingo será só de mañá, ás 11.30 h.

Os prezos son:

Tarifa xeral: 5 €
Tarifa reducida: 3 € (parados/as, estudantes, xubilados/as, pontevedreses/as)
Menores de 12 años de balde.

 O tamaño máximo do grupo será de 35 persoas e o mínimo de 5.

Percorrido

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, salientando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Cómpre destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como o Santuario da Virxe Peregrina, a Igrexa de San Bartolomeu e a Basílica de Santa María.

Visitas de grupos concertados

Tamén está dispoñible un servizo de visitas concertadas para grupos durante todo o ano. Estas visitas teñen tamén unha duración estimada de 1 hora e 45 minutos e o grupo que queira facer a visita deberá reservar previamente na Casa da Luz no teléfono 986 090 890.


A visita pode realizarse en galego, castelán, inglés, francés e portugués.

A realización destas visitas guiadas está suxeita a un grupo mínimo de 10 persoas.

Tarifas especiais para grupos todo o ano:

Grupos de 1-15 persoas: 90 €
Grupos de 16-30 persoas: 115 €
Grupos de 31-60 persoas: 140 €

* As visitas guiadas en idioma estranxeiro (inglés/francés/portugués) incrementarán o importe da tarifa un 10%.
* As visitas guiadas bilingües incrementarán o importe da tarifa nun 30%.

 

Visitas do 25 de abril ao 6 de maio, co gallo dos Campionatos do Mundo de Tríatlon Multisport Pontevedra 2019 

O Concello de Pontevedra, con motivo da celebración nesta cidade dos Campionatos do Mundo de Tríatlon Multisport Pontevedra 2019, evento que agrupa os campionatos do mundo de Dúatlon, Acuatlón, Tríatlon Cros e Tríatlon de Longa Distancia organizará visitas guiadas en ESPAÑOL, polo centro histórico de Pontevedra, desde o xoves 25 de abril ata o luns 6 de maio, sen reserva previa.
 
Haberá dúas sesións diarias en horario de mañá e tarde. O horario das visitas en español será ás 11.30 horas, e as 17.30 horas, e os domingos só 11:30 h.
 
As visitas guiadas en INGLÉS serán, previa reserva e cun mínimo de 5 persoas, os días 26 e 27 de abril e 3 e 4 de maio.
 
As visitas guiadas en inglés serán ás 10:30 h e ás 17:00 h e para cómpre reservar data enviando un correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (indicando nome, día elixido para a visita e número de persoas). Tamén é posible anotarse na oficina de turismo (sita na Praza da Verdura, s/n), ou chamando ao teléfono (+34) 986 090 890.
 
Ambas as rutas inclúen a visita á Basílica de Santa María, e o Santuario da Virxe Peregrina ademais dalgunhas das principais prazas do centro histórico como a Praza de España, Praza de Teucro, Praza da Verdura, Praza da Leña, ou a Praza da Ferrería, ademais do monumento ao famoso loro Ravachol. Terán unha duración estimada de case 2 horas.
 
Máximo 35 persoas por grupo.
 
O prezo das visitas guiadas (español e inglés) será de 5 euros tarifa normal e 3 euros tarifa reducida (xubilados, estudantes, persoas discapacitadas e familias numerosas), así como gratuíta para os nenos menores de 12 anos. Todas as visitas sairán da Oficina de Turismo Rías Baixas na Avda de Santa María s/n, e a venda de tickets realízase no mostrador que turismo de Pontevedra ten nesta sede.
Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados