Pontevédrate

Visit Pontevedra

1

Enche de gústames a túa rede social favorita facendo unha autofoto con Ravachol (praza da Peregrina) e Valle-Inclán (praza de Méndez Núñez)!

2

Nova Iorque ten a Quinta Avenida, nós temos toda unha zona monumental de tendas con roupa retro, recordos de coiro e vimbio e tendas delicatessen para mimar o teu padal!

3

"Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa". Serás capaz de contar todas as fontes que hai nela?

4

Despois de darlle de comer ás pombas da Ferraría, sube ata as escaleiras da Igrexa de San Francisco, mellor cun cornete de castañas se é a época, e observa o noso horizonte.

5

Hoxe de menú temos para comer: zamburiñas, empanada de millo, mexillóns, zorza, luras, tortilla, pementos de Padrón, polbo á feira, queixo do Cebreiro e San Simón... Para beber, albariño, ribeiro e mencía. E de sobremesa: tetilla con marmelo, torta de Santiago e de queixo e viño de pasa. E todo isto onde? Nos restaurantes e tascas do centro histórico!

6

Vaia, vaia, que aquí non hai praia? Achégate andando ou en bicicleta ata á Illa do Covo e refréscate na praia fluvial do río Lérez.

7

Que se concertos, que se Domingos do Principal, que se festivais de música e teatro, cine en Mugartegui, exposicións no Museo Provincial de Pontevedra e no Pazo da Cultura... O caso é que aquí sempre temos plan!

8

No Campiño de Santa María, nun lateral da Basílica de Santa María, podes ver unha posta de sol incrible cunha cervexa na man e os restos dunha antiga muralla medieval aos teus pés.

9

Comeza o día cun albariño na praza da Verdura e remátao brindando cunha copa fronte ás ruínas de San Domingos.

10

Se queres ser un auténtico "PTV" (de Pontevedra de toda a vida), déixate ver pola Peregrina!

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados