En familia

Visit Pontevedra

1

Bos días, familia! Un bo almorzo para cargar as pilas e comezar o día cun paseo en bici ata chegar á Illa do Covo (porque para iso tamén se chama parque da familia).

 

2

Mira un rodaballo! Unha boa pescada do pincho! Pero, cantos nomes máis de peixes e mariscos sabes? As praceiras do noso mercado de abastos seguro que te poden axudar!

 

3

Se vos cantan as tripas ao unísono, na praza da Leña poderedes encher o bandullo. E de sobremesa que queredes? Torta de Santiago, torta de queixo… mmmm…

 

4

Gústanvos os xogos? Bulide á praza de San Xosé e adiviñade que tocan hoxe os músicos... Logo dun chimpo nos xardíns de Vincenti podedes xogar ata fartar e despois repor as forzas cunhas ricas larpeiradas! Temos tendas de lamberetadas en todas as esquinas e mesmo na rúa Real atoparalas artesás!

 

5

Un respiriño de aire fresco! Volvemos coller as bicis e imos ás xunqueiras de Lérez e Campañó! Sabedes cantas clases de aves hai? Ide ao observatorio!

 

6

Hoxe pasamos da merenda, mercamos un xeado e imos comelo ás escaleiras de San Francisco, mentres vemos o convento e escoitamos o repenicar das campás da Peregrina.

 

7

Podemos volver ao pasado en Pontevedra no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Sabiades que Pontevedra antigamente estaba rodeada dunha muralla? Para os máis ousados, achegádevos ao Castelo de Soutomaior e contade as súas numerosas pantasmas, ou ide ata a Casa das Campás, a ver se podedes atopar o tesouro que agochou o sanguinario pirata Benito Soto…!

 

8

Mi madriña, canto empedrado! Sácalle partido xogando ao peletre diante do Pazo de Mugartegui!

 

9

Non pode faltar na vosa mesiña unha autofoto da familia co noso queridiño Valle Inclán, na praza de Méndez Núñez.

 

10

Pontevedra ten un puntazo e co festival Itineranta e os Domingos do Principal, vólvese espectáculo!

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados