Petra

Visit Pontevedra

Terras de Pontevedra aposta por potenciar a arte rupestre cunha oferta diferenciadora que se dirixe ao turismo familiar mediante Petra, un personaxe de ficción que presentará aos nenos e nenas os lugares máis emblemáticos do patrimonio rupestre da mancomunidade turística.

 

A Mancomuninade Terras de Pontevedra aposta por potenciar a arte rupestre para as familias e faino a través de Petra, unha nena artista da Idade de Bronce que presenta aos nenos os lugares máis significativos do patrimonio rupestre da comarca.

Tourón (Ponte Caldelas), Chan dos Areeiros (Vilaboa), Mogor (Marín), Salcedo (Pontevedra), A Caeira (Poio), Fentáns (Cotobade) e o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro compoñen o roteiro de petróglifos que promociona a mancomunidade turística.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados