O Tesouro do Pirata

Visit Pontevedra

Onde estará agochado o tesouro do pontevedrés Benito Soto, o máis temido e sanguinario dos piratas do Atlántico? Atréveste a buscalo acompañado da túa familia? Con esta iniciativa do Concello de Pontevedra, as e os participantes descubrirán dun xeito diferente os lugares máis emblemáticos do centro histórico a través dunha ruta con xogos guiada por oito vídeos.

 

Os irmáns Uxía e Brais, a súa cadela Ponte e o pirata Benito Soto son os catro personaxes moi especiais que lles proporán aos cativos e aos seus pais un xogo divertido e ameno para coñecer a cidade de Pontevedra dunha forma diferente.

Para vivir esta aventura, as familias interesadas terán que facerse co mapa do tesouro pirata, que poderán encontrar na Casa da Luz (na praza da Verdura). Con este mapa no seu poder, terán que localizar e escanear os códigos QR –situados en oito puntos de interese turístico e cultural da cidade– para poder ver os vídeos de animación que darán pistas para descifrar todos os enigmas propostos e arrebatarlle o cofre do tesouro ao pirata Benito Soto.

Ánimo grumete, serás quen de atopalo?

Descifra as pistas e atopa onde está o tesouro!
Non esquezas pedir o mapa do tesouro na Casa da Luz.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados