Como conciliar o turismo cultural con algo de diversión para os máis pequenos da casa? Mini-Paseos é unha ruta guiada polos edificios e prazas máis emblemáticos de Pontevedra, para aprender a historia e cultura da cidade dunha forma amena e lúdica.
Mini-Paseos é un roteiro para público familiar, de 90 minutos de duración, que ten como obxectivo o coñecemento da nosa vila a través do teatro, os disfraces e mesmo a música.
As rúas de Pontevedra agochan moitos tesouros en forma de historias, personaxes e anécdotas, por iso é unha visita apropiada tanto para nenos e nenas de fóra da nosa cidade, como para nenos e nenas pontevedreses.