Descubrindo a Illa do Covo

Visit Pontevedra

Queres ser guía oficial da Illa do Covo? Con esta iniciativa do Concello de Pontevedra, as e os participantes descubrirán dun xeito diferente o patrimonio artístico e natural da Illa do Covo a través dunha ruta con xogos guiada por oito vídeos.

Os irmáns Uxía e Brais, acompañados da súa cadela Ponte, convídannos a descubrir con eles todo o patrimonio artístico e natural da Illa do Covo, así como diversos fitos ou eventos que se suceden neste espazo natural. Na viaxe  atoparanse con distintos persoeiros, como o campión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya, o intelectual ilustrado Padre Sarmiento ou a mascota do Salón do Libro, o lobo Orbil, que lles ofrecerán pistas para ir completando a xincana.

Para vivir esta aventura, as familias interesadas terán que facerse co mapa do Illa do Covo, que poderán encontrar na Casa da Luz (na praza da Verdura). Con este plano no seu poder, terán que localizar e escanear os códigos QR –situados en oito puntos da illa– para poder ver os vídeos de animación que darán pistas para descifrar todos os enigmas propostos.

Serás quen de seres guía oficial da Illa do Covo?

Non esquezas pedir o mapa na Casa da Luz e descrifra as pistas!

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados