skip to Main Content

A cidade de Pontevedra é perfecta para gozar en familia. Nela atoparás unha grande variedade de alternativas para os máis pequenos da casa, puro entretemento tamén para os máis adultos. Propostas feitas para que todo o mundo goce de divertidas actividades coñecendo á súa vez o carácter desta cidade da que din que amosa a súa cara máis amable a quen a visita.

A cidade dos nenos

Unha visita, unha tarde de compras o unha estancia de varios días en Pontevedra a converte en un espazo idóneo se o fas con nenos. Pontevedra forma parte da rede da cidade dos nenos, un proxecto do psicopedagogo italiano Francesco Tonucci que integran outras 34 localidades españolas. Unha aposta por espazos públicos nas cidades dedicados a que os máis pequenos podan xogar e formarse con liberdade, tras haber eliminado, case na súa totalidade, a presenza dos coches no centro da cidade. En Pontevedra os nenos xogan na rúa, unha estampa que en outras cidades no é xa habitual. Ademais, tanto na urbe coma na súa contorna hai moitas actividades pensadas para o público infantil e sobre todo para facer en familia.

Natureza, diversión e deporte ó aire libre

Para gozar en familia a través de xogos e divertidas rutas polo centro histórico da cidade e a Illa das Esculturas, un espazo natural a uns 10 minutos camiñando do centro, propoñémoste a ruta do tesouro do pirata e Descubrindo a Illa do Covo. A primeira percorre as rúas da cidade a través de catro simpáticas personaxes que te levarán por varias localizacións, onde atoparás códigos QR que te guiarán na busca do tesouro do pirata Benito Soto. Visítanos na nosa oficina de turismo e faite co mapa do tesouro ou descárgao aquí! Por outra parte, Descubrindo a Illa do Covo é unha divertida xincana na que, a través de varias pistas, que che ofrecerán os códigos QR, poderás resolver o enigma que agocha este espazo natural ás beiras do río Lérez. Unha proposta única para coñecer o seu patrimonio artístico e natural. Para comezar a aventura podes conseguir este mapa tamén na nosa oficina.
Durante a tempada estival hai rutas de Paddle Surf que discorren por este río e permiten coñecer esta contorna natural e a cidade dun xeito diferente. Dirixido a persoas de todas as idades, a partir de 5 ou 6 años, e guiados por un monitor, contan ademais cunha audioguía en varios idiomas para descubrir a historia, oficios, enclaves, edificios, lendas, flora e fauna autóctona.

Paddle Surf Ninos

Rutas de Paddle Surf sobre o Río Lérez

Segue alimentando o teu espírito aventureiro! A uns 6km da cidade podes atopar dous centros ecuestres ideais para gozar de clases e cursos de equitación Ademais de rutas a cabalo por paraxes naturais. Son a Hípica Appalaoosa e LeCocq Centro Ecuestre Pontevedra. Ademais, a uns 12 km da cidade, existen dúas opcións perfectas para practicar deporte en plena natureza: os ecoparques de Marín e o de Atalaia. Circuítos en diferentes alturas inmersos nun bosque, rutas a cabalo, sendeirismo e outras actividades como paintball, kayak ou rafting.

Ninos Pontevedra

Nenos/as en kayak

Viaxa no tempo: das civilizacións máis antigas ás propostas máis actuais!

Queres descubrir as civilizacións máis antigas que habitaron a cidade? Desprázate ata Campo Lameiro e visita a súa Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR). Ademais das clásicas visitas que amosan os seus petróglifos e o seu centro de interpretación poderás gozar das súas visitas nocturnas Noitepedras, en verano, e de diversos obradoiros sobre a Idade de Bronce. De novo en Pontevedra, e deixando atrás ás primeiras civilizacións o programa Noites Abertas, celebrado os fines de semana de febreiro a maio, para idades comprendidas entre os 12 e 30 años, cunha gran variedade de propostas físico-deportivas, culturais, formativas, lúdicas e de desenvolvemento persoal.

Descubre a fauna en familia

Apostar por actividades en contacto directo coa natureza é unha idea fantástica para gozar de un día en familia. Aproximadamente a 15 km de Pontevedra, en Cerdedo-Cotobade, atópase a Ecogranxa Atalaia, unha alternativa ideal para coñecer os diferentes produtos que se plantan nunha horta, os animais que se crían nunha granxa e vivir en primeira persoa unha experiencia 100% rural. Outra aventura que non te podes perder na túa visita é a de asinar ós máis pequenos e descubrir como se produce o mel nunha auténtica colmea e coñecer á auténtica abella raíña en Apípolis, situado en Santa María de Xeve a 7 km de Pontevedra.

Ninos Mariscando

Niños e nenas mariscando

Da raíña da colmea ás raíñas dos ceos, as aves. A 9 km de Pontevedra, na parroquia de Alba, poderás visitar A Devesa das Rapaces, un centro de cría, adestramento e exhibición de aves rapaces, inda que foron ampliando as súas actividades para englobar tamén a cría de outro tipo de aves coma córvidos e pernilongos. Por último, pero non menos importante, non podes deixar de visitar os bancos marisqueiros e gozar de unha gran actividade fronte ó mar. As asociacións de mariscadoras Guimatur (Cambados) y AmarCarril  (Carril, Vilagarcia de Arousa) amosarante como é o cultivo e a recolección de distintos mariscos, un plan ideal para se mergullar na cultura mariñeira.

Un pouco máis preto da cidade atópase a asociación de mulleres mar de Poio, que realiza visitas guiadas nos seus bancos marisqueiros de A Seca e O Ameixal, a tan só 5 km de Pontevedra.

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad