Cunca e Nécora

Visit Pontevedra

Argallado como un xeito distinto de coñecer a cidade, trátase dun paseo polo centro histórico para descubrir a cidade e as historias que agochan as súas rúas. Ademais, conta con tres paradas gastronómicas onde degustar cadanseu viño e tapa elaborada con produtos da nosa terra. Dado o éxito desta iniciativa, que busca desestacionalizar o turismo na cidade, foron xurdindo novas propostas similares.

Cunca e Nécora Solteirxs

Convertémonos na Corte do Amor para que poidas coñecer a túa necoriña. Haberá que pasar unha serie de divertidas probas para chegar ás estacións de servizo. Namórate connosco!

Data de celebración: 15 de febrerio de 2019

Cunca e Nécora Namoradxs

Un romántico paseo para parellas en horario vermú.

Data de celebración: 17 de febrerio de 2019

Mitic PTV

Déixare invadir pola nostalxia neste roteiro sobre a Pontevedra de hai unhas décadas. NOTA: Suxerimos vir disfrazados.

Data de celebración: 1 de marzo de 2019

De Cine

A Boa Vila como escenario de gravación audioviual. Serás quen de adiviñar de que escenarios estamos a falar?

Data de celebración: 16 de marzo de 2019

Cluedo

Convértete en detective por un día para resolver un enigmático e misterioso crime que tivo lugar en Pontevedra.

Data de celebración: 6 de abril de 2019

Cunca e Nécora Noitiña

Trátase dun roteiro de 120 minutos de duración polo centro histórico, no que se fan tres paradas para degustar o mellor gastronómica e enoloxicamente falando da nosa terra, pero desta volta, baixo o encanto da noite.

Cunca e Nécora Expertxs

Divertidas xincanas sobre a historia da Boa Vila, nas que as “estacións de repostaxe” serán tres locais con encanto nos que os participantes renderanse á gastronomía galega (viño e pincho).

Cunca e Nécora Veganxs

É como o tradicional Cunca e Nécora pero nas degustacións non hai carne nin ningún produto de orixe animal.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados