Xardíns de Vincenti

  • Xardíns de Vincenti

Os Xardíns de Vincenti forman parte dun conxunto de tres áreas ben diferenciadas: a Alameda do arquitecto Alejandro Sesmero, os xardíns de Colón –polo paseo peonil entre o instituto Valle-Inclán e o pazo da Deputación, e os propios Xardíns de Vincenti.

O conxunto de todo este espazo verde naceu a principios do s. XX, cando se derrubaron os muros da cidade e se produciu unha expansión urbana fóra daqueles límites. No que daquela era a horta do Convento de San Domingos foron construíndose a avenida e a Alameda, que chegaba ata as primeiras casas das vellas Moureiras e o Cuartel de San Fernando, hoxe facultade de Belas Artes.

O espazo onde se cruzan un paseo de altas palmeiras e outro de magnolios dá lugar aos xardíns de Vincenti. Entre a súa riqueza botánica, destacan varios cedros do Himalaia, chorisias, teixos e acivros, así como múltiples xardíns embelecidos polo monólito dedicado a Valle-Inclán ou o monumento á memoria dos grandes mariños vinculados á cidade, que van desde Paio Gómez Chariño (1225-1295) ata Méndez Núñez (1824-1869).

Completan os xardíns unha zona de xogos infantís, un pequeno estanque e un enorme pombal de forma circular.

Situación

Rúa de Xardíns de Vincenti
36001, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'47.25"N
Lnx: 8°38'54.42"O

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados