Xardíns de Casto Sampedro

  • Xardíns de Casto Sampedro
  • Xardíns de Casto Sampedro

Diante das escaleiras do Convento de San Francisco encóntranse estes xardíns de roseiras e camelias dedicados ao fundador da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra en 1894. Casto Sampedro e Folgar foi un grande erudito do seu tempo cuxa figura transcendeu polo seu inestimable papel na procura, conservación, estudo e difusión de fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos así como na recuperación dun gran volume de material sobre o folclore galego.

No centro destes xardíns álzase unha preciosa fonte do s. XVI construída por Domingos Fernández e João Lópes seguindo, por acordo do Concello, as características do chafariz principal da praza da localidade portuguesa de Caminha.

Instalouse, nun primeiro momento, nunha esquina da praza da Ferraría, a carón do camiño que entrando pola porta de Trabancas baixaba polos soportais para saír pola ponte do Burgo, pero foi substituída por outra máis modesta a mediados do s. XIX. Finalmente, en 1930 colocouse no seu actual emprazamento, despois de ser restaurada baixo a dirección do arquitecto Salgado, traballo para o que contou coa colaboración de varios artistas, entre eles Castelao.

“Pontevedra é boa vila / dá de beber a quen pasa / a fonte da Ferrería / San Bartolomeu na praza…”. O dito popular atópase inscrito nunha placa colocada en 1941.

Situación

Praza da Estrela
36002, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'52.67"N
Lnx: 8°38'37.22"O

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados