Antigamente coñecíase como praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba fronte á casa grande dos Cruz e Montenegro que hoxe está desvirtuada debido ás reformas que sufriu. Nesta casa, construída no s. XV, viviu o afamado contra-almirante Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla do Callao (Perú) na que participou. A finais do s. XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridos faladoiros de pensadores e escritores da época, como por exemplo Ramón del Valle-Inclán, xa que acollía a famosa biblioteca dos Muruais. Unha estatua lembra hoxe ao estrafalario autor das Sonatas.