Praza de España

  • Praza de España
  • Praza de España
  • Praza de España
  • Praza de España

A súa situación diante da Casa do Concello indica que se trata dun espazo de grande importancia na vida diaria e na historia da cidade.

Aberta cara á Alameda do Arquitecto Alejandro Sesmero, aquí desembocan moitas das principais rúas da cidade, como Michelena, Riestra ou Arcebispo Malvar, pero tamén rúas que permiten a entrada ao centro histórico, como Alfóndega ou a avenida de Santa María, da que esta praza funciona como antesala.

Fronte a Casa do Concello sitúase o monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, obra do escultor ovetense Julio González Pola, que rememora a vitoria fronte as tropas napoleónicas na batalla que lle dá nome.

Nas inmediacións, xunto ao edificio da Subdelegación do Goberno e diante do vello cuartel de San Fernando –hoxe facultade de Belas Artes–, sitúanse os xardíns do doutor Marescot, un dos pioneiros na utilización da anestesia que “consagrou a súa vida á cirurxía e á práctica do ben e da caridade” como reza o monumento erixido en 1954. Este espazo verde tamén alberga outro monumento dedicado a outro pontevedrés ilustre: Manuel Quiroga Losada (1892-1961), considerado un dos mellores violinistas do mundo na súa época.

Pola súa localización estratéxica, a praza de España acolle todo tipo de actos e actividades culturais, educativas, deportivas e lúdicas. Aquí se celebran os concertos gratuítos das Festas da Peregrina aos que acoden miles de persoas durante a terceira semana de agosto.

Situación

Praza de España
36002, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'55.39"N
Lnx: 8°38'48.22"O

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados