Praza das Cinco Rúas

  • Praza das Cinco Rúas

Esta praza é un auténtico centro gastronómico e festeiro, pois nela conflúen algunhas das principais rúas de lecer e de locais de hostalaría típicos da cidade, onde parar a repoñer forzas.

O cruceiro que preside a praza, datado en 1773, constitúe un fermoso exemplo da arte popular galega. Levantado sobre unha plataforma octogonal, mostra abundante iconografía e variada decoración simbólica. Na parte inferior vense as figuras espidas de Adán e Eva collendo o froito da Árbore da Ciencia do Ben e do Mal, mentres nun lateral se observa a serpe, que representa o demo. No outro lateral figuran dúas ánimas do Purgatorio en actitude orante e máis arriba, as imaxes de san Antonio co Neno e a de san Miguel Arcanxo. O amplo capitel está ornamentado con cabezas de anxos, volutas e acantos. A cruz leva, por un lado, a imaxe de Cristo coa cabeza caída e san Francisco abrazado ao seu costado e, polo outro, da Virxe do Socorro coroada por dous anxos. Castelao inmortalizouno na súa obra As cruces de pedra na Galiza.

Nas inmediacións, está a casa onde viviu Valle-Inclán en diferentes momentos da súa vida.

Situación

Praza das Cinco Rúas
36002, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'59.37"N
Lnx: 8°38'42.52"O

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados