A praza da Estrela forma coas prazas da Ferraría e a de Ourense un dos lugares máis emblemáticos de Pontevedra. Empedrada e cunha fonte central está ocupada por un dos cafés mais históricos da cidade: o Carabela, que abriu ás súas portas en 1946. Nela pódese admirar o antigo Pazo da familia Barbeito, tamén coñecido como Casa das Caras, que propón un divertido pasatempo: buscar entre as caras dos personaxes que decoran a súa fachada, o chapeu, as lentes e os bigotes dun misterioso individuo que deu lugar a todo tipo de interpretacións. Tamén cómpre reparar nas fermosas casas da contorna de arquitectura modernista e fachadas con soportais.