Mercado de Abastos

  • Mercado de Abastos
  • Mercado de Abastos
  • Mercado de Abastos
  • Mercado de Abastos
  • Mercado de Abastos
  • Mercado de Abastos

Emprazado na marxe esquerda do río Lérez, nun espazo onde ten lugar unha importante concentración da actividade comercial, o Mercado de Abastos conta cun encanto particular.

Coa desaparición da muralla medieval e a apertura dunha nova rúa, a rúa Serra, decidiuse construír unha nova praza de abastos para a celebración do mercado municipal. Esta praza, que foi inaugurada o día 20 de xaneiro de 1948, viña a substituír o antigo mercado situado xunto á ponte do Burgo, na praza de Valentín García Escudeiro, e que tras case sesenta anos de vida se atopaba nun estado moi precario.

Actualmente este mercado segue en funcionamento tras sufrir unha profunda reforma en 2003 asinada polo arquitecto César Portela, na que se desmontou totalmente a estrutura, construíuse un aparcadoiro subterráneo de dúas plantas e reconstruíuse o edificio peza por peza, respectando a arquitectura orixinal en canto a fachadas e escalinatas interiores de cantería, pero adecuando o espazo ás necesidades actuais. No transcurso das obras de remodelación, descubriuse unha parte da muralla medieval nas súas inmediacións.

O edificio destaca, ademais de polo seu singular valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. No andar baixo sitúanse os postos de pescado, de flores e de carne. Por outra parte, o primeiro andar acolle os postos de verduras, hortalizas e froitas, así como os de carnes e queixos.

Situación

Rúa da Serra, 5
36002, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'59.10"N
Lnx: 8°38'36.03"O

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados