Casa do Barón - Parador de Pontevedra

  • Casa do Barón - Parador de Pontevedra

No centro histórico de Pontevedra, na rúa do Barón, sitúase o Pazo dos Condes de Maceda, tamén chamado Pazo do Barón da Casa Goda, un edificio renacentista construído no século XVI.

Sufriu numerosas modificacións no transcurso do tempo, pero a reforma máis importante foi a acometida polo Conde de Maceda no s. XVIII, que lle deu o aspecto actual. Desta época son a torre ameada e as espazosas loxas sobre columnas de granito de clara influencia italiana.

Pasou por días de feliz esplendor, como cando foi propiedade do Marqués de Figueroa e Atalaia, que o encheu de antigüidades e tesouros, mais tamén tivo épocas tristes de abandono e decadencia. Os seus deshabitados salóns foron empregados como depósito de sal mariño e, máis tarde, como escola de rapaces sen recursos.

Eduardo Cea e Naharro, Barón de Casa Goda, devolvería ao edificio o seu carácter palaciano e hoxe conserva o nome de Casa do Barón en recordo deste propietario.

Foi remodelado no s. XX para albergar un Parador de Turismo. En 1955 convértese no primeiro instalado en Galicia.

Distinguido, señorial e ilustre son tres cualificativos que definen un interior onde abundan os detalles insignes, as antigüidades e o mobiliario de carácter rexio. Conserva a lareira e a señorial escalinata de pedra labrada que accede ás habitacións moi acolledoras e que acentúa o señorío e a nobreza propios do edificio.

No exterior, unha elegante portada de entaboamento soportada por catro pilastras rematadas en pináculos dá paso a un patio desde onde observar a fachada, decorada con escudos nobiliarios e rematada cunha columnata a modo de loxa.

Situación

Rúa do Barón, 19
36002, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'58.81"N
Lnx: 8°38'41.53"O

986 855 800

http://www.parador.es/es/paradores/parador-de-pontevedra

Datas de apertura

Aberto todos os días
Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados