Casa das Caras

  • Casa das Caras
  • Casa das Caras

Unha das singularidades de Pontevedra é a gran cantidade de detalles curiosos que albergan os edificios de cantaría do seu centro histórico. Un dos máis coñecidos por ese motivo é a denominada Casa das Caras, ou Pazo de Barbeito e Padrón, un edificio do século XVIII situado nunha da zonas máis concorridas de Pontevedra, sobre as terrazas dos Xardíns de Castro Sampedro, na Praza da Estrela, a carón da Ferraría.

O detalle máis característico da casa, orixe do seu nome popular, son os catro bustos renacentistas do século XVI que adornan a súa fachada no piso superior. O seu significado é incerto, pero crese que corresponden á familia fidalga de Barbeito e Padrón, que ostentou a primeira propiedade do pazo, cuxo panteón se atopa na Basílica de Santa María.

Ademais das súas famosas caras, un escudo acuartelado que ostenta as liñaxes da familia Mariño, da Valladares, da Barbeito e da Padrón.

Foi tamén casa de postas e no seu exterior aínda quedan pegadas das ferraduras nas que se ataban os cabalos mentres as persoas que estaban de viaxe repousaban.

Desde 1880 foi residencia e laboratorio do prestixioso fotógrafo Francisco Zagala, sen dúbida a figura máis representativa da fotografía histórica galega e autor de preciosas instantáneas da Pontevedra da época.

Tamén chama a atención a balconada de gran lonxitude que abraza a casa por un dos seus costados e vai crecendo en tamaño segundo permite a complexa rúa na que se sitúa.

Curiosamente, no número 30 da rúa Real, existe outra casa con dez caras na súa fachada que tamén pertenceu ás familias Barbeito e Padrón.

Situación

Praza da Estrela, 4
36002, Pontevedra

Coordenadas GPS

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42°25'54.78"N
Lnx: 8°38'38.73"O

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados