Sétima Feira

Visit Pontevedra

Sétima Feira é unha iniciativa promovida desde a Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra co obxectivo de revitalizar o mercado e a rúa Serra convertendo a zona nun escenario comercial e cultural onde conviven moda, gastronomía, música, artes plásticas e animación.

Esta innovadora feira ofrece un espazo para expoñer e vender a aquelas propostas creativas da cidade que buscan dar a coñecer o seu traballo e nas que se mesturan tradición e modernidade, asociadas a valores como sustentabilidade, estética, calidade ou identidade.

Ademais de esculcar polos postos de artesáns e creadores emerxentes, o público pode gozar dun bo concerto dalgún artista local ou degustar algunha das delicias gastronómicas que alí se serven. Ademais, conta cun espazo infantil (de entrada gratuíta logo da inscrición) onde a cativada o pasa en grande nos talleres e actividades desenvolvidas.

Sétima Feira celébrase o segundo sábado do mes en horario de 11.00 a 15.00 horas no primeiro andar do mercado de abastos de Pontevedra.

 

Un vídeo para lembrar o primeiro aniversario, a Sétima no corazón 360º

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados