Pontevedra Capital Shopping é un proxecto xerado pola Concellaría de Promoción da Cidade para situar a cidade como referente do comercio da comarca e dos concellos da súa área de influencia.
O proxecto nace para dar apoio aos pequenos comerciantes da cidade, que forman unha grande área comercial urbana cómoda e accesible, e cunha oferta ampla e variada nun ámbito que convida a mercar tranquilamente, gozando deste mundano pracer.
Grazas á non proliferación de centros comerciais periféricos que compitan cos negocios da cidade, como acontece noutras localidades, as tendas e comercios locais manteñen unha alta capacidade de atender a demanda existente. Para todos os gustos e para todos os orzamentos.