skip to Main Content

Ó longo da súa historia, Pontevedra foi unha cidade con gran peso no sector comercio, hostalaría e servizos. As súas rúas peonís e tranquilas invitan ás compras mentres se pasea e Goza das mesmas, así como do comercio local de proximidade. Toda a zona peonil do centro histórico e o seu perímetro experimentou un desenvolvemento notable e converteuse nun grande centro comercial urbano ó aire libre. A ausencia de coches favorece que os habitantes da cidade se fagan donos dela, dos seus restaurantes, terrazas, actividades culturais e comercio.

En Pontevedra podemos falar de varias zonas comerciais ó longo da rúa Michelena, ou a rúa Benito Corbal que xorde xusto detrás da igrexa da Peregrina e penetra na cidade nova prolongándose polas rúas adxacentes como a rúa Sagasta. Na zona do ensanche o eixo que forman a Rúa da Oliva, a praza de San Xosé ou a Rúa Rosalía de Castro forman tamén un pequeno núcleo comercial. Ó lado das grandes marcas, pequenas boutiques con estilo propio abren a súas portas.

A moda cobra un papel importante en Pontevedra ó igual que no resto de Galicia tendo en conta ademais que na facultade de Belas Artes da cidade se ofrece un máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda.

En Pontevedra temos diferentes galerías comerciais, as máis antigas, as da Oliva, do ano 1961. Toda unha aposta de modernización do comercio local naquela época. Ó principio eran apenas uns vinte locais. Hoxe agrupa a máis de sesenta tendas cunha gran variedade de produtos.

Comercio tradicional

Pontevedra mantén a esencia do seu comercio tradicional a través dalgúns locais que permaneceron co paso do tempo no seu centro histórico. Lugares cheos de encanto que non so ofrecen a quen os visitan unha cálida benvida, senón tamén unha gran oferta e variedade de produtos de primeira calidade.

Cestería Cestigar

Na rúa real houbo ata 4 establecementos de cestería dos que hoxe tan só sobrevive a cestería Cestigar, fundada no ano 1975 e situada no número 32. Unha ampla variedade de elementos decorativos, cestos, cadeiras e outros mobles, elaborados a man en vimbio. Este local vende incluso o vimbio para aqueles que se aventuran a realizar os seus traballos manuais.

Comercio Tradicional

Cestería Cestigar

Ferraxería Galega

Situada tamén na rúa Real, concretamente no número 30, esta ferraxería sobreviviu xeración tras xeración despois da súa fundación no ano 1941. Centos de caixóns enchen as súas paredes con ferramentas, accesorios e incluso ferraxes para mobles antigos.

Farmacia de Enrique Eiras

Na emblemática praza da Verdura, concretamente na rúa San Román 26, atópase a histórica farmacia de Enrique Eiras. O seu actual propietario é o Ldo. José Luis Domínguez. Inda que a súa inauguración oficial foi o 22 de decembro de 1876, hai documentos que certifican a súa existencia xa en febreiro de 1872.

Unha pintura dunha muller medio espida acompañada dun grupo de anxos e motivos florais e onde pode lerse “Ars cum natura ad salutem conspirans” (A arte colaborando coa natureza en pro da saúde), preside o teito deste lugar cheo de encanto. Este popular local da cidade aparece na serie de TVE, “Los gozos e as sombras”, emitida en 1982, e baseada na novela de Torrente Ballester.

Interior da farmacia Enrique Eiras

A Moda de Abaixo

Na contorna da praza de A Ferraría, na rúa Soportais número 5, atópase A Moda de Abaixo, fundada no ano 1896. Unha tenda de moda tradicional na que atopar puchas, sombreiros, paraugas e outros complementos. Un ambiente que te transportará sen dúbida a outra época.

Imprenta peón

A Imprenta Peón, situada na praza do Teucro número 1, abriu as súas portas en 1902. Os netos de Celestino Peón, o seu fundador, a rexentan na actualidade. No seu interior conserva unha máquina impresora de 1863, a peza máis antiga do obradoiro, ademais dunha Minerva dos anos 20. A primeira edición de “Os vellos non deben namorarse” de Castelao, uno dos clásicos da literatura galega, imprimiuse neste obradoiro.

Centro Comercial Urbano Zona Monumental

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU ZM) está constituído por un amplo abano de establecementos dedicados ó comercio, hostalería, ocio, servizos e profesionais situados na s rúas urbanas do casco histórico e perímetro.

No casco histórico de Pontevedra convive o comercio, a hostalería, a cultura e a vivenda.

www.ccuzonamonumental.es

Comercio Monumental

Comercio da Zona Monumental

Actividades de promoción de comercio local e emprendedores

A cidade pon en marcha varias alternativas para dar a coñecer unha gran variedade de establecementos e negocios locais, ademais das últimas iniciativas de emprendedores e emprendedoras da cidade.

Pontelovers

Pontelovers é unha plataforma impulsada polo Concello de Pontevedra destinada a fomentar o comercio local, bares, restaurantes e outros establecementos pontevedreses. O seu proxecto e-ponte permite facer compras online duns 115 comercios da cidade ademais de reservar citas nestes establecementos de servizos como salóns de peiteado ou clínicas dentais. Outro dos proxectos realizados a través da plataforma Pontelovers, en colaboración coa Deputación de Pontevedra é Nova Terra, unha acción coa que se realizan concursos, accións de escaparatismo e ambientación da rúa estendéndose por distintos barrios e parroquias de Pontevedra.

Ponteabastos.com

Compra online os produtos do mercado de abastos de Pontevedra! Ponteabastos.com permite ós usuarios adquirir todo tipo de produtos en venta no mercado e recibilos na casa ou recollelos. A plataforma permite controlar a elección dos produtos, o empaque e o transporte dos mesmos, permitindo elixir ata métodos de transporte sostible.

Pont Up Store

Pont Up Store é un evento que reúne proxectos dun amplo abano de sectores, tanto do ámbito urbano como do rural. Cada ano os proxectos seleccionados expóñense para os dar a coñecer ó público.

Feiras

Nas rúas de a cidade celébranse diversas feiras nas que se pode mercar dende roupa e calzado, antigüidades ata produtos de artesanía. unha boa opción para atopar prendas diferentes, obxectos únicos e descubrir a popular artesanía galega.

Feira

Tódolos sábados en horario matinal se desenvólvese no Paseo Enxeñeiro Rafael Areses, preto da contorna do Recinto Feiral a feira de Pontevedra con 56 postos de venta fundamentalmente de roupa e calzado.

Feira de antigüidades

Cada domingo na Rúa Serra ten lugar este mercado matinal no que participan 54 vendedores. Nesta feira pódense adquirir mobles e obxectos antigos, ademais de poder atopar pezas únicas e diferentes.

Chalana

Cada ano, a finais do mes de xullo e a primeira quincena de agosto, ten lugar na Ferraría a feira de artesanía Chalana. Punto de encontro de artesás galegos e de outras comunidades onde se venden as súas xoias, obxectos de coiro, instrumentos musicais, téxtil e esmaltes entre outros.

Durante a época do Nadal celébranse numerosas actividades e feiras para nenos en varios puntos da cidade como a praza de España, recinto feiral e praza da Ferraría con programas como PONTEXOGOS, PONTENADAL e MUNDONADAL incluso no mercado de abastos celébranse actividades para os máis pequenos de a casa.

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad