Semana Santa

Visit Pontevedra

A Semana Santa é a expresión do sentimento relixioso arredor do misterio central da fe cristiá: a paixón, morte e resurrección de Xesús. En Pontevedra goza de moito arraigamento e devoción.

Son numerosos os festexos relixiosos, procesións e encontros que se suceden nestas datas polas rúas da cidade; entre eles, cómpre destacar as procesións dos Pasos (Xoves Santo), do Santo Enterro (Venres Santo) e de Xesús Resucitado (o Domingo de Resurrección).

A vistosidade destas procesións, a beleza das imaxes escoltadas por confrades impecablemente ataviados coas súas túnicas e capuchóns, así como o recollemento dos fieis fan desta celebración unha explosión de relixiosidade e toda unha experiencia mística.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados