Nadal

O Nadal aquí é moi especial. Pontevedra pode presumir de ter moitas festas coas que alegrar as súas rúas e recibir á xente, e o Nadal é unha delas.

A festa comeza a principios de decembro, co acendido das luces. Miles de lámpadas, que cumpren cos máis estritos requisitos de respecto ao ambiente e de eficiencia enerxética, engalanan a cidade, iluminando as súas rúas e prazas.

A programación de Nadal está chea dunha infinidade de actividades para gozar de tan sinaladas datas.  Entre todas destacan a gran carpa de Pontexogos na praza de España, NadalOcio e a súa pista de xeo no recinto feiral, ou a feira de artesanía e de agasallo PonteNadal na praza do Teucro, que se consolidou nestes anos como unha cita imprescindible para os que apostan por presentes máis orixinais cunha oferta diferenciada e personalizada, distinta á que se pode atopar nos establecementos comerciais habituais. Entre os participantes atópanse representados unha gran variedade de oficios artesáns como ceramistas, oleiros, bixuteiros, marroquineiros, gravadores, xoieiros e ourives, decoradores de teas ou fabricantes de xoguetes de madeira, entre outros.

O 31 de decembro ás cinco da tarde ten lugar unha multitudinaria carreira con máis de 30 anos de historia, a San Silvestre. Disfraces, diversión e bo ambiente invaden esta proba atlética de menos de catro quilómetros de percorrido, con saída e final na avenida de Montero Ríos.

E como colofón, a noite de Reis. É a noite máis máxica do Nadal para todos, moi especialmente para as nenas e os nenos. Xa se celebra desde o día 5 de xaneiro pola tarde, cunha gran Cabalgata que trae ás súas maxestades de Oriente Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas do centro da cidade.

 

Programa Nadal 2018

Xogos, música, teatro, actividades lúdicas, citas deportivas e tamén unha decidida e actualizada aposta polo comercio local integran o programa de Nadal do Concello de Pontevedra para todas as idades.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados