Festa do Demo

Visit Pontevedra

Conta a lenda que na noite da véspera de San Bartolomeu o demo, que o santo ten atado en curto, logra fuxir e anda pola cidade atormentando as persoas que atopa no seu camiño. Mais os tempos mudan e o 23 de agosto o demo, vestido de vermello e cun tridente na man, percorre as rúas e prazas do centro histórico facendo burlas, xogos e trasnadas cun séquito de demiños, mentres anuncia a súa chegada con música e petardos.

O demo arranca a súa batida -en realidade dúas, ás 12.30 e ás 20 horas- nos arcos de San Bartolomeu. Xa non é o que era, así que os cativos tentan arrancarlle o rabo nunha pelexa na que non sempre queda ben parado. A partir das 21.30 horas, co combate rematado, celébrase a Foliada do Demo na praza de Curros Enríquez.

 

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados