Itineranta

Visit Pontevedra

O Festival Itineranta é o primeiro festival de verán dedicado aos espectáculos de rúa con música en directo, circo e animación.

Durante tres días de agosto, a porta do tempo e do espazo ábrese de novo cando cae o sol, transformando a cidade nun espazo paralelo, e sorprendendo a pontevedreses e turistas con diferentes personaxes saídos do mundo da fantasía.

Unha selección das mellores compañías inundan as rúas e prazas da cidade coas súas propostas das artes escénicas –zancos, malabares, teatro, cabaré, batucada, performance, lume, pirotecnia…– para a celebración do maior Festival de Espectáculos Itinerantes de Rúa.

Itineranta

Data de celebración: agosto
Lugar: prazas e rúas da cidade

Programa Itineranta 2019

Descarga aquí o programa de Itineranta 2019

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados