O Galegote Rock é un festival onde a lingua galega e a música son os grandes protagonistas. Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e promovido pola asociación Pontevedra ao Vivo, pretende dar a coñecer intérpretes e grupos de música de distintos estilos e achegar ao público unha ampla oferta de música de calidade, feita en galego e en vivo.
Todas as actuacións son de balde e celébranse en distintos puntos da cidade – tanto en locais pechados como en prazas, rúas e xardíns– para que o gocen todas as persoas que se encontren neses días en Pontevedra.