Gala dos Premios Martín Códax da Música

Visit Pontevedra

A gala de entrega dos Premios Martín Códax da Música é a cita anual da música galega.

Os Premios Martín Códax da Música naceron en 2013 promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo co obxectivo de dar visibilidade á música galega: aos creadores, á industria e a toda unha comunidade comprometida coa cultura musical galega. Para iso, selecciónanse tres proxectos concretos por cada unha das quince categorías musicais, ademais dos tres premios Organistrum, que recoñecen a mellor Sala, o mellor Festival e o mellor Espazo de Comunicación Musical e a mención honorífica a toda a carreira artística dun músico galego.

Os gañadores dos premios son desvelados  no transcurso da gala que conta con sketchs e actuacións musicais intercaladas. O proxecto musical agraciado recibe un melómano, unha estatuíña de madeira creada expresamente polo escultor Víctor Lorenzo.

Gala dos Premios Martín Códax da Música

Data de celebración: maio
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados