Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Visit Pontevedra

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra naceu en 1993. Desde entón celébrase con periodicidade anual, durante a segunda metade do mes de xullo. Ten carácter gratuíto e nel teñen cabida artistas de jazz, blues e xéneros relacionados, como o rhythm&blues e o soul.

Os concertos desenvólvense nas prazas do Teucro, que foi a primeira sede do festival, e da Ferraría, que acolle actualmente o programa principal. Ademais hai actuacións itinerantes polas rúas, jam sessions e actividades docentes con talleres nos que colaboran músicos invitados e do país.

Neste festival préstaselle unha atención especial aos músicos galegos, que participan tanto no programa de concertos das dúas prazas sede do Festival, as jam sessions e a música polas rúas, como nos workshops.

Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Data de celebración: xullo
Lugar: prazas da Ferrraría e do Teucro

Programa Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra 2019

Descarga aquí o programa do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra 2019

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados