Sabes?

Visit Pontevedra

Aquí non te molestarán os coches. Entre 1996 e 2014 o tráfico na cidade diminuíu un 30,10% e no centro, un 70%


Estás a un paso dos maiores xacementos de inscricións rupestres ao aire libre de Europa (Campo Lameiro)


Aquí deséñanse os farois que luce o centro de Amsterdam


Non hai mortos por accidentes de tráfico


Os futuros modistos galegos estudan aquí


Somos a primeira Cidade 30 peninsular


Reducimos as emisións de efecto invernadoiro un 66%


O pedagogo Francesco Tonucci considéranos o exemplo máis próximo á súa “Cidade dos Nenos”


Recibimos máis de 50 delegacións ou convites cada ano para explicar como transformamos a cidade converténdonos en referencia internacional


Temos 228 especies diferentes de árbores e 133 de aves


As mellores praias das Rías Baixas están a menos de 20 km


Toda a cidade é accesible, tamén para persoas con dificultades


Benito Soto, o pirata atlántico do século XIX, era pontevedrés


Existen uns 20 km de sendas naturais desde o centro da cidade


O 72% dos desprazamentos urbanos son a pé ou en bicicleta


É a única cidade na que podes aparcar gratis a cinco minutos do centro


O Museo de Pontevedra é o máis completo para entender a cultura galega


Aquí reside o principal centro de I+D micolóxico da península


Pontevedra quere recuperar parte da súa ría, hoxe algo deteriorada. Entenderalo se saes da cidade cara a Marín ou Bueu, ou visitas Combarro


O 80% dos nenos e nenas van andando ao colexio, moitos deles sós

 

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados