Séculos XVII-XIX

Visit Pontevedra

Durante os séculos XVII e XVIII a decadencia agudizouse debido á situación de inestabilidade política provocada polas constantes guerras que había nese momento (Portugal e a sucesión á coroa española, a ocupación inglesa), que contribuíron ao decaemento do comercio exterior.

A poboación da cidade reduciuse á metade, nuns séculos nos que se duplicou en Galicia e se triplicou no resto da comarca pontevedresa. Esta crise demográfica foi ocasionada por epidemias e graves enfermidades.

A comezos do século XIX, a economía de Pontevedra baséase fundamentalmente na actividade artesá, no comercio e, en menor medida, na pesca e na agricultura.

En 1833, coa creación das provincias, convértese na capital da provincia do mesmo nome cá cidade. Grazas ás funcións económicas que se derivaron desta condición, así como ao feito de ser cabeceira de comarca, Pontevedra transformouse nunha urbe administrativa que atrae a burócratas, burgueses, profesionais e artesáns de todo tipo.

Nesta época, ante a necesidade de contar con espazos para a edificación, a cidade cambia a súa fisionomía: derrúbanse as murallas e ábrense novas rúas, desenvólvense obras de infraestrutura e saneamento, constrúense escolas e hospitais, créanse espazos de uso público como a alameda do Arquitecto Sesmero e chega o ferrocarril.

 

Pontevedra en 1669. Vista panorámica de Pontevedra realizada por Pier Maria Baldi e encargada por Cosme de Medicis na súa viaxe por terras galegas.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados