Clima

Visit Pontevedra

Un verán soleado. Un inverno suave. Nin fríos nin calores extremos. O lugar onde chove o xusto para que o verde predomine na paisaxe. O perfecto lugar para evitar os calores abafantes do verán peninsular e os xélidos invernos do interior. Por algo nos chaman Galifornia!

O clima de Pontevedra é cálido e tépedo. Os meses de inverno son moito máis chuviosos que os meses de verán, como na maior parte da costa occidental galega, pero con peculiaridades derivadas da súa localización no fondo da ría e da posición de dous macizos montañosos que enmarcan as depresións do municipio con relación ás masas de aire que se moven con frecuencia desde o Atlántico.

As temperaturas son agradables durante todo o ano (invernos suaves e veráns non demasiado calorosos) cunha temperatura media anual duns quince graos e cunha amplitude térmica media duns 10 graos, valor escaso debido á súa proximidade ao mar.

A precipitación media aproximada é de 1.613 mm.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados