skip to Main Content

Santuario da Peregrina

O Santuario da Virxe Peregrina é una construción de finais do século XVIII. é a Patroa da provincia dende 1954 e do Camiño Portugués a Santiago. O seu gran día celébrase o segundo domingo de agosto. A maior particularidade deste santuario é a súa planta en forma de cuncha de vieira, símbolo do camiño de Santiago e dos peregrinos.

No exterior tres imaxes que representan, coa indumentaria dos peregrinos, á Virxe, Santiago e San Xosé. Destaca na entrada unha cuncha xigante natural para a auga bendita, agasallo do contra almirante pontevedrés D. Casto Méndez Núñez e, que a trouxo do Pacifico para agradecer á Virxe a súa vitoria na batalla de Mindanao (Filipinas).

A actual imaxe da Virxe é de 1867, obra do escultor catalán Luis Vermell, en substitución da que tallou en 1776 o pontevedrés José de Torres, e conta cunha gran cantidade de traxes bordados. A figura do Neno é de Gambino de 1814.

www.cofradiaVirxeperegrina.es

Imprescindibles Peregrina

Basílica de Santa María A Maior

É sen dúbida o edifico relixioso más destacado da cidade, ostenta o título de Basílica por decreto do papa Xoán XXIII dende 1962. Está declarada monumento nacional e Ben de Interese Cultural (BIC). Foi construída no século XVI por iniciativa do Gremio de Mareantes como símbolo do poder e da importancia do porto de Pontevedra durante a época. O templo é gótico tardío con influencias do estilo manuelino portugués e elementos renacentistas.

A fachada principal, obra de Cornelis de Holanda e de Joao Nobre, é un dos mellores exemplos de estilo plateresco de Galicia, e alberga unha curiosa imaxe de San Xerónimo con anteollos. No interior destacan as bóvedas nervadas das naves e o seu altar maior, do século XX en madeira de castiñeiro e nogueira, ademais das imaxes do Cristo do Desencravo, do século XVI, o Cristo crucificado, do século XVIII e un retablo do século XVI obra do portugués Francisco Atayde.

Moi interesante e nada habitual é a contraportada, ou interior do que sería a fachada principal; poderíamos consideralo coma un catecismo da época na que se representan as virtudes, vicios, acompañadas de escenas da vida cotiá, personaxes mitolóxicas, fábulas pero tamén escenas do antigo e novo testamento.

Imprescindibles Santa Maria
Imprescindibles Santa Maria
Im Santa Maria 2
Imprescindibles Santa MariaIm Santa Maria 2

Praza da leña

O centro histórico de Pontevedra destaca entre outros motivos polas súas prazas con soportais rodeadas de pazos, pero tamén de construcións de arquitectura popular. Algunhas destas prazas inda conservan os nomes antigos dos mercados e feiras que nelas se celebraban, como é o caso da praza da Leña. Aquí ademais atópanse tres, dos seis edificios do Museo Provincial, actualmente pechados por obras. Concretamente o Castro Sampedro e o García Flórez unidos por unha pequena ponte de pedra son dous bos exemplos de arquitectura barroca. No centro da praza situouse nos anos 40 un cruceiro probablemente dos séculos XV ou XVI que parece ser que procede da localidade de Caldas de Reis.

Imprescindibles Plaza Lena

Museo Provincial

O Museo de Pontevedra está formado por seis edificios dos que tan só se poden visitar tres, por atoparse en fase de rehabilitación parte das súas sedes. É considerado un dos mellores museos provinciais de España grazas á variedade e á riqueza dos seus fondos.

O Edificio Castelao, inaugurado en 2013, acolle as coleccións de pintura española dos séculos XIX-XX e de arte galego dende o século XIV ata a actualidade. Conta ademais cunha sala dedicada ó artista galego Castelao e outra que acolle exposicións temporais. O Edificio Sarmiento, unido ó anterior, foi colexio dos Xesuítas no século XVIII e conserva fondos arqueolóxicos da Prehistoria e a Antigüidade, arte galego medieval ata o século XIII, as coleccións de louza de Sargadelos, cerámica celta, entre outros.

Outro dos edificios do museo, que recibe múltiples visitas cada ano son as Ruínas de Santo Domingo, únicos vestixios da igrexa e convento dos dominicos dos séculos XIV-XV que se situaba nese mesmo lugar. Nel exhíbense coleccións de laudas gremiais, sepulcros, restos arquitectónicos de outras edificacións e labras heráldicas da cidade e a provincia.

Museo 1
Museo 1
Museo 2
Museo 3
Museo 4
Museo 5
Museo 6
Museo 7
Museo 1Museo 2Museo 3Museo 4Museo 5Museo 6Museo 7

Horario

Edificio Castelao / Edificio Sarmiento Rúa Padre Amoedo Carballo 3

De martes a sábados: de 10h a 21h

Domingos e festivos: de 11h a 14h

Luns: pechado

24, 25, 31 de decembro / 1 e 6 de xaneiro: pechado

Exposiciones temporales

De martes a sábados: de 10h a 21h

Domingos e festivos: de 11h a 14h

Luns: pechado

24, 25, 31 de decembro / 1 e 6 de xaneiro: pechado

Ruínas de Santo Domingo Avda Montero Ríos 1

Do 15 de marzo ó 31 de outubro

De martes a sábados: de 10h a 14h // de 16:00h a 19:30h

Domingos e festivos: de 11h a 14h

Luns: pechado

Mercado de Abastos

O edificio del Mercado de Abastos inaugurouse no 1948 e segue en funcionamento tras unha profunda reforma en 2003 do arquitecto César Portela, na que se desmontou totalmente a estrutura, construíndo un aparcadoiro subterráneo de dúas plantas e reconstruíndo o edificio peza por peza. En deseño se respectou a arquitectura orixinal en canto a fachadas e escalinatas interiores de cantería, axeitando o espazo ás necesidades actuais. O edificio destaca, ademais de polo seu singular valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. No piso baixo sitúanse case tódolos postos. Na primeira planta de O Mercado, podemos atopar un gastroespazo que se une ó dos bares que xa estaban operativos

Imprescindibles Mercado Abastos

Illa das Esculturas

O río Lérez nace na Serra do Candán a uns 900 metros de altura e percorre uns 60 quilómetros ata desembocar na Ría de Pontevedra. É precisamente antes da súa desembocadura onde se atopa a Illa das Esculturas, unha auténtica paraxe natural moi preto do centro da cidade. Tamén chamada Illa do Covo, ofrece a quen a visitan unha simbiose perfecta entre natureza, arte e paisaxe ó acoller na súa superficie un proxecto artístico pioneiro en España. Doce artistas de fama internacional coma Robert Morris ou Dan Graham participaron neste proxecto para o que realizaron unha serie de obras talladas en granito relacionadas coa paisaxe, a tradición, a historia da escultura e da pedra. Un lugar ideal para gozar dun paseo, do deporte ó aire libre e da cultura.

Varias rutas de sendeirismo, a ambas marxes do río, permiten descubrir o seu variado e frondoso bosque de ribeira.

Imprescindibles Esculturas

Una Folie de Anne & Patrick Poirier

Pazos e escudos

Nos séculos XVII e XVIII a capacidade económica de certos sectores privilexiados e exentos de cargas públicas, como a fidalguía e o clero, permitiu a construcción de suntuosas edificacións civís e relixiosas. Entre as primeiras, destacaban os pazos e casas señoriais dos que temos boa mostra nas rúas e prazas do centro histórico destacando os que atopamos na Praza de Teucro o que contribuiu ademais na cantidade e variedade de labras heráldicas.

Heráldica

En Pontevedra temos unha das meirandes concentracións de escudos de toda Galicia e entre as máis destacadas de España. Nas fachadas dos edificios, no interior das igrexas e a gran colección do Museo de Pontevedra e nas Ruínas de Santo Domingo.

Catalogáronse máis de 200 labras heráldicas no seu centro histórico, poucas cidades poden ofrecer un conxunto tan numeroso e variado, reflexo del asentamento de importantes familias e un grupo numeroso de familias nobres o enriquecidas polo mar ou o tráfico comercial que se instalaron en Pontevedra. Contabilizáronse 114 liñaxes nos escudos da cidade destacando os Sotomayor, Montenegro, Figueroa ou Mariño.

Un dos lugares que mellor representa la riqueza heráldica da cidade é a praza de Teucro e sobre todo a fachada do Pazo de Gago e Montenegro cunha labra heráldica xoia do barroco galego, pero en un paseo polas rúas e prazas descubriremos escudos en numerosos recunchos.

Sitúa os escudos máis representativos da riqueza heráldica de Pontevedra no mapa

Back To Top
×Close search
Search
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.    Más información
Privacidad