Se precisas un plano de Pontevedra, consellos sobre lugares que non te podes perder, festas ou espectáculos, achégate a un punto de información turística. Alí atoparás o que estás a buscar. O seu persoal está a túa disposición para orientarte e ofrecerche produtos e servizos turísticos. E se queres coñecer algo máis de arte, gastronomía e curiosidades non deixes de apuntarte ás visitas guiadas nas que persoal especializado mostrarache todos os encantos da cidade.
Praza da Verdura s/n
Teléfono 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Oficina dependente do Concello de Pontevedra, está situada na Casa da Luz, en pleno centro histórico da cidade. Ofrece información actualizada dos diferentes eventos culturais, festivos e turísticos.
HORARIO:
De inverno (de outubro a maio):
De luns a sábados: de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 h
Domingos e festivos: de 10.00 a 14.00 h
De verán (de xuño a setembro):
De luns a sábados: de 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 h
Domingos e festivos: de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h
Praza Santa María, s/n
Teléfono 886 211 700
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Oficina de turismo dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, instalada no Palacete das Mendoza, un emblemático edificio en pleno centro histórico da cidade. Centraliza a información turística municipal e provincial de Pontevedra.
HORARIO:
De inverno:
De luns a venres: de 9.00 a 20.00 h
Sábados e festivos: de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h
Domingos: de 10.00 a 14.00 h
De verán:
De luns a venres: de 9.00 a 21.00 h
Sábados, domingos e festivos: de 10.00 a 14.30 h e de 16.30 a 20.00 h
Pechado o 1 de xaneiro e o 25 de decembro
Rúa do Marqués de Riestra, 30, baixo
Teléfono 886 151 555
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Oficina de turismo dependente da Xunta de Galicia.
HORARIO:
De luns a venres: de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 h
Sábados: de 10.00 a 12.30 h