En bici

Visit Pontevedra

Case toda a cidade de Pontevedra é un espazo seguro para as bicis. Os programas de peonalización, calmado do tráfico e coexistencia de tránsitos rodados e peonís, que se levaron a cabo nos últimos anos fan que a cidade sexa un escenario idóneo para este medio de transporte.

Só quedan algúns quilómetros de carrís bici, construídos nos anos 80 e 90 para defender aos ciclistas dos automóbiles. Hoxe, grazas ao calmado do tráfico e á velocidade 30, e moi especialmente aos lombos salvavidas, os coches xa non supoñen unha ameaza grave nin para os peóns nin para os ciclistas.

Por iso se adoita dicir que toda Pontevedra é un gran carril bici!

Case todas as sendas naturais que parten da cidade son ciclopracticables. Todo o litoral urbano, a avenida de Marín, a de Bos Aires (un dos carrís bici existentes), a senda do Lérez cara a Bora, a Illa do Covo, a xunqueira de Lérez e Campañó, o treito urbano do parque do río dos Gafos poden percorrerse coa bici. Só a zona máis natural do paseo dos Gafos presenta pequenas dificultades debido ao seu trazado.

Visit-Pontevedra - Concello de Pontevedra Turismo de Pontevedra S. A.
CASA DA LUZ
Praza da Verdura s/n
36002 - Pontevedra
+34 986 090 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  
Top

© 2017 Turismo de Pontevedra. Concello de Pontevedra.
Todos os dereitos reservados